Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A comunidade de montes de Santa María de Oia estrea a rehabilitación da casa forestal e programa visitas guiadas para poder coñecela

O edificio albergará un centro de interpretación da Serra da Groba

O edificio albergará un centro de interpretación da Serra da Groba

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Abril de 2023

Fuente: Amodo

A comunidade de montes de Santa María de Oia vén de rematar os traballos de rehabilitación da casa forestal, edificio de grande valor patrimonial que, unha vez recuperado, funcionará como centro de interpretación da Serra da Groba. Para celebralo, esta fin de semana organízase un acto institucional de inauguración destinado ás persoas comuneiras (de acceso só con convite) e dúas visitas guiadas abertas ao público nas que se mostrará o edificio e se fará un pequeno percorrido polo patrimonio situado na contorna.

As visitas guiadas desenvolveranse o domingo 30 de abril e luns 1 de maio ás 12.00 horas. Nelas percorrerase o interior do edificio, explicarase a súa historia e se fará un pequeno paseo ata o castro de Chavella para dar a coñecer os principais elementos patrimoniais e paisaxísticos da zona. Para participar cómpre apuntarse previamente chamando ao número de teléfono 677.78.32.96, xa que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles.

O acto de inauguración do sábado 29 pola mañá trasladarase ao 6 de maio por mor da chuvia, destinado aos comuneiros e comuneiras e de acceso con convite, sempre que a climatoloxía o permita desta vez. Xa pola tarde (18.00h) haberá unha actuación musical de acceso libre ata completar aforo, e que estará a cargo do grupo Take it Easy.

 

Proxecto de rehabilitación da casa forestal

Nos anos 1909-1910 foi construída a primeira casa forestal de Galicia, quedando vinculada ás primeiras repoboacións do Estado na provincia de Pontevedra. A partir dos anos 60 comezou a súa decadencia ata case desaparecer para sempre polo abandono sufrido.

No ano 2016 a comunidade de montes de Santa María de Oia, propietaria do inmoble, aprobou por maioría en asemblea o proxecto de recuperación deste edificio tan coñecido en todo o concello e con tanta historia ás súas costas.

O proxecto consiste na rehabilitación dun conxunto de tres edificios onde o principal é a antiga vivenda do garda forestal. Esta será destinada a centro de interpretación da Serra da Groba, para a súa divulgación como espazo sensible de especial protección natural, patrimonial e paisaxística.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí