Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN PON EN VALOR A CREACIÓN MUSICAL GALEGA DA MAN DO GUITARRISTA SAMUEL DIZ

O proxecto difunde a nosa creación musical histórica ao tempo que amosa o enorme talento que existe actualmente

Fecha: 15 de Diciembre de 2012

Fuente: xunta.es

O proxecto difunde a nosa creación musical histórica ao tempo que amosa o enorme talento que existe actualmente
 
O Museo do Mar de Galicia acolleu esta tarde a presentación do disco Guitarra Clásica Galega, un proxecto da autoría de Samuel Diz editado polo selo Ouvirmos coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No marco dunha charla-concerto tivo lugar esta tarde o acto de presentación do disco, "un traballo que pon en valor a creación musical galega", segundo asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que estivo acompañado no acto polo director de Ouvirmos, Xosé Aldea; pola directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio; e por Samuel Diz.

Este proxecto de investigación contén un conxunto de elementos que, segundo afirmou, "van facer del un traballo de referencia e enormemente útil, singular e simbólico". A este respecto o secretario xeral destacou "o labor de recuperación e de aposta pola difusión social da nosa creación musical histórica, que desde a Secretaría Xeral de Cultura consideramos un aspecto fundamental para a nosa construción cultural".

Talentos actuais
Ao mesmo tempo, o disco constitúe "unha vía de apertura cara á contemporaneidade", dixo en referencia á "proposta dun son para a guitarra do compositor Fernando Buide, que nos abre os ollos á enorme capacidade que existe nestes momentos no plano musical en Galicia". O talento actual chega tamén da man do propio Samuel Diz, "guitarrista con ampla experiencia no plano da difusión da música, nun labor que desenvolve fundamentalmente nun lugar de tanta tradición cultural como é Tui".

"Polo tanto -engadiu- estamos ante un proxecto de historia e de futuro, no son das cordas da guitarra". "E ese tamén constitúe un elemento que ten de valor o disco: incorporar ao noso imaxinario instrumental propio un instrumento que xa é evidente que forma parte e arte da nosa creación musical, enriquecéndoa e outorgándolle a súa sonoridade", concluíu.

Un canto á guitarra galega
Guitarra Clásica Galega fai un percorrido polo pasado, presente e futuro do instrumento na nosa cultura. Trátase dnha viaxe pola nosa historia, da man do recoñecido intérprete Samuel Diz, ao tempo que constitúe un canto á guitarra galega que non fora formulado ata o de agora.

O disco presenta unha recompilación de obras fundamentais desde a década dos 20 no exilio cubano ata o século XXI, coa nova xeración de compositores galegos, a través de figuras como Rosa García Ascot, Jesús Bal y Gay, Paco Barreiro, Tino Prados, Manuel Herminio Iglesias ou Fernando Buide,

Samuel Diz Sierpes nace en Tui en 1986. No ano 2009 gradúase no Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla e completa a súa formación ao lado de grandes mestres como Alen Garagic, Daekun Jang e José Luíi Rodrigo. Na actualidade é director do Festival Música no Claustro de Tui.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones