Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade.

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade.

Fecha: 31 de Marzo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Trátase das datas nas que estaba prevista -con anterioridade á crise sanitaria- a proba extraordinaria en Galicia.

Deste xeito, cúmprese co prazo establecido a semana pasada en conferencia sectorial para facer estas probas, que quedara fixado entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo. No caso da proba extraordinaria, as partes acordaron agardar para a súa fixación, tendo en conta que -segundo o proposto polo Ministerio na conferencia sectorial - debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade. Neste sentido, trasladou aos representantes da CIUG que na conferencia sectorial o Ministerio propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Tanto a Consellería como a CIUG coincidiron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade ás familias e, sobre todo, ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones