Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Coral Ecos do Folón de Fornelos celebra este sábado o seu X Aniversario

O repertorio que interpretarán estas 3 coráis estará baseado no mesmo que se interpretou fai 10 anos. E o rematar o concerto, as tres coráis xuntas interpretarán un par de panxoliñas.

O repertorio que interpretarán estas 3 coráis estará baseado no mesmo que se interpretou fai 10 anos. E o rematar o concerto, as tres coráis xuntas interpretarán un par de panxoliñas.

Fecha: 21 de Diciembre de 2019

Fuente: Coral Ecos do Folón

Sábado 21 de decembro
Ás 19:30h
Igrexa Parroquial do Rosal
 
O 21 de decembro vaise celebrar o 10º Aniversario dunha agrupación musical moi especial, una agrupación que naceu pola inquedanza cultural dun grupo de veciños do barrio de Fornelos. Eles son o Coro "Ecos do Folón" de Fornelos.

Esta formación fixo unha breve presentación pública no barrio de Fornelos o 2 de agosto de 2008, para darse a coñecer e así conseguir animar a máis veciños a pasar a formar parte da agrupación, cousa que deu resultado.

Pero o seu "Bautizo Musical" fíxose no mesmo lugar onde se vai celebrar este Concerto-Aniversario, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, un sábado 26 de decembro de 2009.

Daqueles 31 compoñentes que aquel día nos presentaron as súas voces, quedan na actualidade 12 veteranos e veteranas musicales, que seguen acompañados de outros novos coralistas coa mesma ilusión dos seus inicios.

A Coral "Ecos do Folón", que nos primeiros ensaios só contaba con 17 voces, decidíu fundar a súa propia asociación músico-cultural no ano 2012. Cabe salientar que os seus membros non teñen coñecementos musicáis, o cual corrobora o seu esforzo e dedicación nos ensaios para sacar adiante todo o seu repertorio.

Esta agrupación quer recordar a todos e cada un dos amigos e amigas que foron pasando, nalgún momento, pola formación coral e que, en certa medida, seguen formando parte desta gran familia. "Gracias a todos por permitirnos chegar ata o día de hoxe", desexando que sexan moitos anos máis.

A Coral "Ecos do Folón", que na actualidade está formada por 30 voces mixtas, está inscrita nos círculos culturáis da Excma. Deputación de Pontevedra. Actuaron por toda a contorna, tanto en festiváis de música coral como en actos relixiosos. Organizan dous concertos anuáis (no verán e no Nadal) onde nos mostran o seu variado repertorio. Viaxaron a Valladolid en xuño de 2019, e non descartan facer novos viaxes fora da xeografía galega, respondendo ás invitacións que teñen recibido.

Participaron en importantes proxectos nos que destacan a participación nun orfeón de 80 voces, que acompañado pola Banda Unión Musical de Mougás, interpretaron temas do compositor Alsirio Fdez. Rguez. no 25º aniversario do seu falecemento. Tamén forman parte activa dun Orfeón Coral de máis de 100 voces, no que participan coa Coral Polifónica "Lira" de San Miguel de Oia e a Coral Polifónica A Cañiza, todas elas dirixidas polo seu mestre e director, don Jorge Fernández González.

O seu director, o mesmo que os axudou a medrar dende o día do seu nacemento, é licenciado en "Solfexo, Teoría da Música, Transposición, Acompañamento" e "Piano", o cual recibíu clases maxistráis de varios mestres rusos e americanos que perfeccionaron o seu estilo.

As Corales invitadas a este concerto-aniversario serán as mesmas que apadriñaron ó Coro "Ecos do Folón" fai dez anos, e son a "CORAL POLIFÓNICA DE ATIOS" e a "CORAL POLIFÓNICA A CAÑIZA".

O repertorio que interpretarán estas 3 coráis estará baseado no mesmo que se interpretou fai 10 anos. E o rematar o concerto, as tres coráis xuntas interpretarán un par de panxoliñas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones