Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Corporación municipal acorda unha proposta conxunta de medidas para axudar ao comercio local do Rosal

Alcaldía e portavoces de BNG, PP e PSdeG-PSOE coinciden na dificultade do pequeno comercio ante a parálise pola crise sanitaria

Alcaldía e portavoces de BNG, PP e PSdeG-PSOE coinciden na dificultade do pequeno comercio ante a parálise pola crise sanitaria

Fecha: 29 de Mayo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A Corporación municipal do Rosal acorda levar a pleno este xoves 28 de maio unha proposta conxunta sobre o comercio local co obxectivo de dar resposta unida e integral diante da situación que está a vivir o sector a raíz da crise sanitaria pola COVID-19. O pequeno comercio é un eixo importante para o desenvolvemento do propio municipio rosaleiro, polo que "desde o sentido da responsabilidade tivemos a capacidade de deixar as nosas diferenzas a un lado e chegar a consensos tan precisos nestes intres de tanta incerteza e complexidade diante do reto colectivo que temos diante como sociedade".

Nunha xuntanza de portavoces que contou coa presenza de Carlos Villanueva (BNG), de Fernando Domínguez (PP), de José Carlos Martínez (PSdeG-PSOE) e da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, todas as formacións que compoñen a Corporación municipal acordaron tomar unha serie de medidas e compromisos cos que dar resposta ás necesidades do comercio local:

- Comprometerse a aplicar todas as medidas posibles dentro do ámbito competencial do Concello do Rosal que poidan mellorar a situación do comercio local. Entre elas estarían a posibilidade de establecer unha plataforma de venda online previa análise do nivel de demanda existente por parte de pequeno comercio ou colaborar con el na adquisición de material de seguridade na adaptación da COVID-19, como xel hidroalcohólico, pantallas protectoras ou información.

- Adoptar todas as medidas que poidan implementarse derivadas das actuacións e decisións executadas por outras administracións de ámbito supramunicipal.

- Manter ao comercio local informado de calquera medida que se lle remita ao Concello por parte das administracións competentes, como poden ser alugueres, axudas...

- Trasladar ás administracións autonómica e estatal a delicada situación do comercio local e a necesidade de analizar a situación e de adoptar medidas extraordinarias diante da situación derivada da pandemia global da COVID-19.

"As situacións excepcionais requiren respostas excepcionais e neste sentido toda a Corporación coincidimos na dificultade deste momento histórico que nos tocou vivir, coa parálise que supuxo a crise sanitaria para o noso comercio local", explica a alcaldesa. A rexedora salienta, como recolle o acordo, que "o coronavirus puxo enriba da mesa problemáticas novas e tamén acrecentou outras que xa eran unha realidade antes desta crise sanitaria como a realidade de competidores globais como Amazon, por exemplo. Esta situación é compartida e trasladable a todos os sectores económicos afectados. É unha evidencia que dentro desta situación de pandemia global requírese dunha resposta colectiva que vai moito máis alá da capacidade e das competencias municipais, mais queremos amosar no pleno e diante da veciñanza o noso compromiso unánime como corporación co comercio local".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones