Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CREATIVIDADE CENTRA A OITAVA EDICIÓN DE MÚSICA NO CLAUSTRO EN TUI

Celebrarase do mércores 8 ao domingo 12 de agosto na Catedral de Tui

Fecha: 11 de Agosto de 2012

Fuente: concellotui.org

Baixo o lema de "CreatiVIDAde" do mércores 8 ao domingo 12 de agosto vaise celebrar en Tui a oitava edición do ciclo de concertos no Claustro Gótico da Catedral, Música no Claustro.

Unha edición na que a redución do orzamento non se traduce nun programa recortado, senón que froito da imaxinación xunto á implicación de novas entidades e persoas, é posible unha edición que segue avanzando, que chega con novas propostas para converter ao festival un ano máis nun referente musical na contorna.

Toda a programación foi dada a coñecer esta mañá na sancristía da Catedral polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o cóengo da catedral, Don Ricardo García, o director artístico de Música no Claustro, Samuel Diz, e un dos artistas que actuará este ano chegado dende os Estados Unidos, Hermelindo Ruíz.

Samuel Diz sinalaba que a pesar das actuais circunstancias "non podemos parar a arte" destacando que as unións logradas e a suma de sinerxías "é a clave para que Música no Claustro avance".

Don Ricardo García lembraba que este proxecto comezou coa idea de dar a coñecer aos músicos da canteira local, e se ten transformado nun evento consolidado de gran nivel.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacaba que "en Tui sábense facer as cousas con profesionalidade, cariño e neste caso tamén con corazón" gabando a programación deste ano e a aposta que se segue a realizar pola xente nova. Aludía tamén a importante repercusión internacional que ten Música no Claustro.

A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, sinalaba que esta actividade "sempre nos sorprende", e manifestaba o orgullo de que un ano máis se continúe con este ciclo.

Concertos

No que aos concertos se refire, o inaugural o mércores 8, correrá a cargo do dúo de guitarra "Zidur" formado por Hermelindo Ruíz e do propio Samuel Diz cun programa baseado en música de Porto Rico, con algunhas obras de Hermelindo Ruíz, e tamén interpretarán a obra 'Violetas' do ourensán José Fernández Vide a partir da partitura recuperada o ano pasado. O xoves 9 chega unha das propostas máis novidosas con Spoken Word' Serán, cuxa tradución literal do inglés sería "palabra falada". Aquí conflúen o tudense Miguel González Diz, campión galego de Beat Box, e Marçal Font Espí, poeta, campión nacional de Poetry Slam.

O venres recollerá a testemuña Álterum Cor, de Valladolid, nun concerto coproducido xunto ao Curso Coral "Tamara Brooks" organizado por Camerata Ad Libitum, cun repertorio de música tanto sacra como profana.

O sábado, trala positiva experiencia do ano pasado, regresan a Música no Claustro Guadi Galego e Guillerme Fernández, esta vez fano xunto a Xabier Díaz e Xosé Lois Romero presentando o seu novo disco "aCadaCanto".

Celebrarase do mércores 8 ao domingo 12 de agosto na Catedral de Tui

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones