Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Delegación do Goberno en Galicia resolveu máis de 27.000 consultas dos cidadáns durante o estado de alarma

O Goberno potenciou a atención á cidadanía durante a crise sanitaria a través de medios propios e a través dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado

A meirante parte das peticións atendéronse de xeito telefónico, sumando 25.132 chamadas que obtiveron resposta dos empregados públicos

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Julio de 2020

Fuente: Delegación do Goberno en Galic

A Delegación do Goberno en Galicia e as catro subdelegacións provinciais resolveron durante o estado de alarma 27.320 consultas dos cidadáns relacionadas coa situación sanitaria e o proceso de transición hacia a nova normalidade. Desde o inicio do estado de alarma, en marzo, a Delegación do Goberno potenciou a atención e información a particulares, administracións, entidades e empresas para a resolución de dúbidas, contando co apoio dos servizos xurídicos, das catro subdelegacións provinciais e da Avogacía do Estado. A este traballo uníronse os efectivos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que desenvolveron tarefas de asesoramento e de auxilio durante todo este periodo a pé de rúa.

A meirande das consultas dos cidadáns recibíronse por teléfono ata sumar 25.132 chamadas atendidas polos servizos de información ou polos empregados públicos das áreas funcionais. Este volume de chamadas triplicou ao que se reciben nunha época normal. Así, entre o 14 de marzo e o 14 de xuño de este ano atendeuse un número total equivalente ao 70% do total das chamadas recibidas en todo o ano anterior.

Ao teléfono síguelle en relevancia o correo electrónico para prestar información. A Delegación do Goberno en Galicia habilitou en maio un buzón específico para as dúbidas ao redor da COVID-19 que rexistrou ata o 14 de xuño un total de 2.001 consultas que recibiron a súa aclaración pola mesma canle. Xunto a ela, impulsouse a información de utilidade a través da conta oficial de Twitter @DelGobGalicia con resposta directa a 187 consultas dos internautas para lograr unha maior axilidade nas respostas.

Respecto ás dúbidas plantexadas, os temas foron evolucionando desde a actividade laboral, máis relevante nas primeiras semanas, ata as cuestións de mobilidade, reunións sociais e actividades permitidas cando comezou o proceso de desescalada. Parte das consultas procedían de entidades como federacións deportivas ou asociacións e sectores empresariais de Galicia. Nestes casos optouse por realizar reunións telemáticas para abordar a totalidade das eventualidades xurdidas e, posteriormente, dar unha resposta por escrito para conseguir maior seguridade xurídica.

Auxilios das Forzas de Seguridade

Ademáis da vixiancia do cumprimento das medidas do estado de alarma, os axentes da Policía Nacional e da Garda Civil actuaron no auxilio á poboación. Entre o 14 de marzo e o 14 de xuño efectuaron 2.596 servicios humanitarios e auxilios. Tanto Garda Civil como o Corpo Nacional de Policía prestaron auxilio a residencias de maiores, concellos, vivendas illadas en zonas rurais e deron o seu apoio aos gobernos municipais e entidades sociais na distribución de material escolar, alimentos e material sanitario. Estas actuacións súmanse os 72.932 dispositivos de control nas vías públicas de Galicia onde tamén ofrecían atención aos cidadáns que a requerisen.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí