Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Delegación do Goberno informa que a Seguridade Social efectúa este venres o primeiro pago do Ingreso Mínimo Vital a 3.721 fogares de Galicia

Nos fogares galegos que perciben hoxe esta prestación viven 11.430 personas, das que máis da metade son menores

Nos fogares galegos que perciben hoxe esta prestación viven 11.430 personas, das que máis da metade son menores

Fecha: 27 de Junio de 2020

Fuente: Delegación do Goberno en Galic

A Delegación do Goberno que a Seguridade Social abona hoxe venres o primeiro pago do Ingreso Mínimo Vital a 3.721 fogares en Galicia, 74.119 en toda España. Por provincias, abónanse 1.393 prestacións na Coruña, 524 na provincia de Lugo, 479 en Ourense e 1.325 en Pontevedra.

Trátase de aqueles que estaban percibindo a prestación por fillo a cargo sen discapacidade ou con discapacidade menor do 33% e que foron recoñecidos de oficio como beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital. En total, a Seguridade Social destinou hoxe en España 32 millóns de euros a este pago no mes de xuño, o que supón unha axuda media por fogar de máis de 430 euros ao mes.

Os fogares recoñecidos de oficio son aqueles de os que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) tiña información suficiente sobre a composición do fogar para poder realizar a reconversión. A Seguridade Social avisoulles, previamente, por SMS e carta para que non tivesen que solicitar o Ingreso Mínimo Vital.

O resto dos beneficiarios da prestación por fillo a cargo sen discapacidade ou con discapacidade menor ao 33% que poidan ser beneficiarios da nova prestación deberán solicitalo, xa que non constaba información suficiente para reconverter de oficio a prestación.


Nos 74.119 fogares en España que recibirán este venres o Ingreso Mínimo Vital viven máis de 250.000 persoas, das que máis da metade son menores de idade.

Solicitudes

No primeiros dez días desde o inicio do prazo para solicitar o Ingreso Mínimo Vital, rexistráronse no INSS 344.585 solicitudes, a maioría presentadas por vía telemática, xa que a atención presencial nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) retomouse na xornada de onte, xoves. As solicitudes en Galicia ascenden a 13.814.

A quen realice a solicitude nos tres primeiros meses (ata o 15 de setembro), e teñan dereito a ela segundo a documentación acreditada, seralles concedida con efectos retroactivos desde o 1 de xuño.


Os cidadáns pódense informar sobre o Ingreso Mínimo Vital a través da páxina web da Seguridade Social (www.seg-social.es ) e mediante o novo asesor virtual, ISSA. Tamén dispoñen dunha ferramenta de simulación, onde poden comprobar se cumpren os requisitos, e dunha liña de teléfono para realizar consultas concretas (900 20 22 22), que funciona de 8.30 a 20.30 horas.

O Ingreso Mínimo Vital foi aprobado polo Consello de Ministros do pasado 29 de maio e establece un nivel de renda garantizable diferente para cada tipo de fogar. Completa as rendas preexistentes (entre outras, as salariais), ata ese limiar garantido para cada tipoloxía que, no caso dos fogares unipersoais, é de 5.538 euros ao ano, o equivalente a unha pensión non contributiva, distribuída en doce pagas.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones