Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación abre a inscrición na ruta ornitolóxica -Voando nas Rías Baixas- no Monte Aloia

A camiñada guiada para observar aves por este Parque Natural de Tui desenvolverase de xeito gratuíto o 8 de maio

A camiñada guiada para observar aves por este Parque Natural de Tui desenvolverase de xeito gratuíto o 8 de maio

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Abril de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra abre este luns, 25 de abril, o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da quinta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o 8 de maio, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística do Parque Natural Monte Aloia, no concello de Tui. Ofértanse 25 prazas para esta camiñada guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse xa na páxina web da Deputación (www.depo.gal).

 

O Parque Natural Monte Aloia integrado ao sur da Serra do Galiñeiro, hoxe é un área recreativa con sendeiros e regatos que discorren entre árbores caducifolias autóctonas, bosques de ribeira e antigas repoboacións de arborado exótico. No ano 1987 foi declarado Parque Natural, converténdose así no primeiro de Galicia. Esta ruta, que se realiza por primeira vez, é unha camiñada localizada nun lugar idóneo para observar paxariños forestais coma o xirín, a papuxa das amoras, o ferreiriño azul, o xílgaro común,  o picafollas ibérico, o verderolo común ou o peto de dorso branco, entre outros, ademáis das aves rapaces que ocupan esta contorna.

 

A  andaina estará conducida por dúas experimentadas persoas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife Pontevedra. Como recomendacións para as/os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo campo, así como protector solar. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

 

Despois desta terceira ruta, o resto continuará a partir do mes de xuño, coa camiñada polas Brañas de Xestoso (Silleda, Forcarei) o día 19, coas inscricións abertas desde o día 6 de xuño, mentres que 10 de xullo celebrarase a actividade na Serra do Suído (Cotobade - A Lama -Beariz - Fornelos - Covelo), na que as persoas interesadas poderán apuntase dende o día 27 de xuño. A penúltima das actividades terá lugar o 6 de novembro na Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa), coas inscricións abertas desde o día 24 de outubro. “Voando nas Rías Baixas” concluirá o 18 de decembro coa ruta pola Desembocadura do Río Lérez e Intermareal Combarro-Lourido (Poio – Pontevedra). Neste caso, as persoas interesadas poderán anotarse dende o 5 de decembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones