Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación abre o prazo para participar na webinar -vendas e covid: a arte de seducir en contornas complexas-

Enmarcada no ciclo dirixido a pemes e persoas autónomas a raíz da covid19, a videoconferencia celebrarase o día 17 e correrá a cargo do psicólogo Ignacio Abeal

Enmarcada no ciclo dirixido a pemes e persoas autónomas a raíz da covid19, a videoconferencia celebrarase o día 17 e correrá a cargo do psicólogo Ignacio Abeal

Fecha: 08 de Septiembre de 2020

“Vendas e covid: a arte de seducir en contornas complexas” é o título da charla en formato webinar que, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar o vindeiro xoves 17  de setembro entre as 10 e as 11 horas e para a que xa se pode formalizar a inscrición. O evento, que se desenvolverá a través da ferramenta Zoom, terá como poñente ao psicólogo industrial Ignacio Abeal para afondar na importancia da diferenciación. Con esta nova videoconferencia, enmarcada na campaña informativa de seminarios online dirixidos a persoas autónomas e pemes que a Deputación estableceu a raíz da covid-19, preténdese impulsar a reactivación do emprendemento entre a poboación e propiciar o crecemento económico sostible mediante a formación.

Ignacio Abeal é licenciado en Psicoloxía Industrial pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén diplomado en Relacións Laborais. Conta cunha ampla experiencia profesional como consultor, responsable de RRHH e colaborador da Universidade da Coruña, Santiago, Vigo, UCC, EOI e o IFFE Business School. A súa especialización xira arredor das estratexias de formación e aprendizaxe, coaching, motivación, así como da dirección e xestión de Recursos Humanos e da dirección comercial e o marketing e, na actualidade, é socio director de Nascor Consultores. Abeal detallará nesta webinar de “Vendas e covid: a arte de seducir en contornas complexas” a necesidade de diferenciarse fronte á competencia baseándose nunha mellor xestión dun/dunha mesmo/a. Para elo Abeal fará fincapé na importancia da preparación persoal, da empatía e da argumentación comercial.

As persoas que queiran asistir, de  forma gratuíta, a esta videoconferencia poderán facelo ao través da súa correspondente inscrición no seguinte enlace: https://forms.gle/8Jv3S6W7gzkRCt2z7

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí