Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación abre o prazo para que as entidades poidan pedir as axudas para participar en certames internacionais e realizar actividades culturais

As asociacións sen fin de lucro interesadas nestas dúas liñas de subvencións culturais poderán formalizar as súas solicitudes desde este martes ata o 15 de abril

As asociacións sen fin de lucro interesadas nestas dúas liñas de subvencións culturais poderán formalizar as súas solicitudes desde este martes ata o 15 de abril

Fecha: 11 de Marzo de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A partir deste martes, 10 de marzo, e ata o 15 de abril, as entidades sen fin de lucro da provincia poderán optar a dúas das liñas de subvencións que ofrece a Deputación de Pontevedra para impulsar o sector cultural. Deste xeito, poderán solicitar axudas económicas para a súa participación en festivais, certames e concursos de música e baile no ámbito internacional e, tamén, neste mesmo prazo, poderán pedir as subvencións que ofrece a institución provincial para a realización das súas actividades culturais.

No que atinxe á primeira liña destas subvencións, ten por obxecto promover, fomentar e difundir a música tradicional galega nas súas distintas vertentes e estilos e está dirixida a apoiar a participación das entidades sen fins de lucro da provincia en encontros internacionais. Así, poderán optar a estas axudas colectivos que vaian participar en festivais musicais, encontros de carácter internacional, certames e concursos internacionais e intercambios culturais para potenciar o patrimonio musical ou cultural. O orzamento da Deputación para estas subvencións ascende a 30.000 euros e, como sinalara a presidenta Carmela Silva trala súa aprobación, pretenden axudar a estes colectivos a facer fronte aos gastos que supón a súa participación en eventos internacionais. "É moi importante _subliñara_ que todas as entidades da provincia poidan ter a oportunidade de participar nestas cuestións de carácter internacional, porque nos permiten estar presentes e promocionar a nosa cultura, sendo tamén un elemento de atracción de cara a provincia".

No que respecta ás axudas para a realización de actividades culturais, para as que a Deputación inviste 250.000 euros este ano, poderán ser obxecto de financiamento aquelas que poñan en valor o patrimonio inmaterial propio das vilas e comarcas da provincia, como é o caso de costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos así como festivais, mostras, encontros e certames culturais. Ademais, as entidades poderán pedir estas axudas para o desenvolvemento de certames e actividades de posta en valor da pintura, escultura e arquitectura e para a realización de intercambios cos que potenciar o patrimonio musical fóra de Galicia.

As bases destas dúas convocatorias de subvencións foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia (Boppo) e marcan que, para ambos casos, a presentación das solicitudes debe presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal ).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones