Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación achega á hostalaría da provincia 250.000 salvamanteis con promoción turística do destino Rias Baixas

Esta acción de difusión cara ao turismo galego e estatal tamén ten como obxectivo apoiar aos establecementos que apostan pola calidade

Esta acción de difusión cara ao turismo galego e estatal tamén ten como obxectivo apoiar aos establecementos que apostan pola calidade

Fecha: 09 de Junio de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra repartirá nos próximos días ata 250.000 salvamanteis entre os establecementos hostaleiros da provincia que teñen apostado pola calidade e pola excelencia, co dobre obxectivo de apoiar ao sector e de promocionar o destino ao turismo galego e estatal que chegará no próximo mes de xullo a Rías Baixas.

Esta acción de apoio á hostalaría está enmarcada na campaña "Sigue o teu instinto", coa a que a Deputación promociona este ano a provincia, campaña que promove a vida saudable, o compromiso co territorio, coa tradición, coa sustentabilidade e tamén coa calidade. Por iso, o material se achegará entre os máis de cen restaurantes adheridos ao Sicted do conxunto dos xestores de destinos da provincia que, amais, para cumprir cos protocolos do ICTE de garantía sanitaria deberán usar manteis dun só uso.

Se ben a prioridade é colaborar con aqueles establecementos que apostan pola excelencia e a confianza, tamén reservaranse 70.000 salvamanteis para aqueles outros que desexen sumarse a esta campaña, previa solicitude do material na oficina de Turismo Rías Baixas.

Cada salvamantel levará impresos Códigos QR para que, a través do móbil, as persoas que consuman nestes establecementos poidan acceder á información de experiencias turísticas seguras, que estarán dispoñibles na web de Turismo Rías Baixas, así como ao vídeo de "Sigue o teu Instinto", presentado o pasado xaneiro en FITUR no marco da campaña de promoción do destino Pontevedra Provincia que fai este ano a Deputación.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones