Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación aproba convenios con Tomiño e As Neves para novos proxectos de mobilidade peonil cun orzamento de preto de medio millón de euros

O goberno provincial dá luz verde á financiación das obras na EP-4006 e na EP-3102 que teñen por obxecto garantir a seguranza viaria e dar prioridade ás persoas

O goberno provincial dá luz verde á financiación das obras na EP-4006 e na EP-3102 que teñen por obxecto garantir a seguranza viaria e dar prioridade ás persoas

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Julio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación ven de aprobar os convenios cos concellos das Neves e Tomiño para abordar novas obras de mellora da mobilidade peonil que se van desenvolver respectivamente en dous tramos dos viarios provinciais EP-4006 e EP-3102 que transcorren por ambos municipios. O investimento previsto para estes traballos , ambos deseñados baixo o modelo de mobilidade segura e sostible da institución provincial, ascende a 428.305 euros.

 

En Tomiño acometerase a mellora da mobilidade peonil na EP-3102, nun treito de 400 metros desde o camiño escolar ao CEP Pedro Caselles, cun investimento total de 286.235 euros. Desta cantidade e de acordo ao convenio aprobado, a Deputación financiará o 70%  (200.364€) e o Concello o 30% (85.870€). O proxecto elaborado pola Deputación ten como obxectivo de acondicionar este treito da estrada para mellorar a funcionalidade da vía e a súa seguridade, tanto para o tráfico rodado como peonil, tendo en conta que se trata dunha zona moi concorrida, xa que dá acceso a equipamentos municipais como a igrexa, o cemiterio e o colexio Pedro Caselles. Con esta actuación de mellora integral prevese a construción dunha senda de ancho variable, non sendo inferior a 3,80 metros, para os peóns/as na marxe dereita mantendo a tipoloxía de actuación que existe na EP- 3104 Avenida do Baixo Miño, así como a renovación do pavimento dos dous carrís existentes e a incorporación de elementos redutores da velocidade. Ademais adaptarase a drenaxe de pluviais, renovarase a iluminación e soterraranse os servizos de electricidade e de telecomunicacións.

 

No caso das Neves, o convenio é para o financiamento da mellora da mobilidade peonil na intersección da EP-4006 Ponteareas-As Neves, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 11+960 e 12+080, nas que se investirá un orzamento de 142.070 euros. A Deputación aportará o 70% deste presuposto (99.449€) e o Concello o 30% restante (42.621). A actuación, que dá continuidade á senda peonil executada hai dous anos para a seguranza da veciñanza desde o núcleo do Rabelo e a conexión co colexio e centro da vila, está encamiñada ao acondicionamento da estrada EP-4006 ao longo duns 120 metros, na contorna da rotonda que comunica coa EP-4202, a fin de mellorar a funcionalidade da vía e a súa seguridade. O proxecto busca darlle prioridade ó tráfico peonil, incrementando o espazo ocupado  polas beirarrúas, e mellorar a seguridade viaria mediante unha reordenación dos accesos á rotonda e ó aparcadoiro do autobús. A rotonda contará cun diámetro interior de 6 metros, dous carrís de 4 metros cada un e beiravía exterior de 0,50 metros.

 

O proxecto tamén contempla a reposición dos servizos de recollida de augas pluviais e do alumeado público, co emprego de luminarias LED con columnas de aceiro galvanizado nas beirarrúas e 4 proxectores LED sobre báculo de aceiro galvanizado na rotonda. Ademais, empregarase un alumeado ornamental no interior da rotonda composto por 3 luminarias.

Doutra banda, ao longo das beirarrúas distribuiranse 9 árbores e 4 bancos de pedra granítica e tamén se procederá á instalación dunha nova marquesiña e á colocación de letras decorativas prefabricadas en formigón de cor branco para a formación do texto “As Neves” no interior da rotonda. As actuacións completaranse coa sinalización completa, horizontal e vertical.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí