Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación aproba dous novos convenios con Tui para investir máis de 600.000 na transformación de dúas estradas provinciais

Investirase 468.244 ? na mellora da seguranza viaria nun tramo de 200 metros na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro e 138.500 ? na mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nun tramo de 155 metros da EP-3001 en Rebordáns

Investirase 468.244 ? na mellora da seguranza viaria nun tramo de 200 metros na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro e 138.500 ? na mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nun tramo de 155 metros da EP-3001 en Rebordáns

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tui

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dous novos convenios co concello de Tui para investir máis de 600.000 € na transformación de dúas estradas provinciais ao seu paso pola vila do Baixo Miño. Así, investirase 468.244 € na mellora da seguranza viaria nun tramo de 200 metros na EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro e outros 138.500 € na mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nun tramo de 155 metros da  EP-3001 en Rebordáns.  

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva detallou hoxe que no caso da estrada entre Cerquido e Ribadelouro, para cuxa mellora a institución provincial achegará o 70% do orzamento (327.771 €) e o concello de Tui o 30% (140.473 €), trátase dun espazo moi concorrido a nivel peonil, ao ser un tramo no que se concentra a Igrexa parroquial Magdalena, o cemiterio e o centro cultural de Ribadelouro. “Queremos que esta zona que era insegura teña agora todas as garantías para as persoas”. A presidenta tamén explicou que a actuación vai dar prioridade peonil a través dunha plataforma única adaptada ao entorno, sen diferenciación de tráficos, mantendo os espazos verdes e enmarcando a contorna patrimonial con lousas de pedra. Amais, proxéctase o desvío do tráfico por unha vía municipal que bordea os equipamentos públicos e executarase unha beirarrúa na marxe dereita cun ancho de 2,5 metros. Colocaranse redutores físicos de velocidade e pasos de peóns sobreelevados, renovarase a sinalización horizontal e vertical, porase novo pavimento e novos servizos urbanos como mobiliario, árbores, iluminación e drenaxe de pluviais.

 

No que respecta á EP en Rebordáns, a presidenta detallou que a Deputación achegará o 80% do orzamento (110.800 €) e o concello de Tui o 20% (27.700 €) para mellorar a seguridade viaria e mobilidade peonil nun tramo de 155 metros da EP-3001. “Queremos mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para as persoas e vehículos” asegurou Carmela Silva, quen explicou que se vai reducir a velocidade do tráfico rodado mediante a execución de dous pasos sobreelevados e limitar a velocidade mediante a sinalización horizontal e vertical. A actuación contempla o desmonte do noiro na marxe esquerda aumentando o radio da curva ata 50 metros, o que permite a execución dunha senda de 2,5 metros de ancho pola marxe dereita. Amais, pavimentarase con novo firme o tramo e realizarase pintado das marcas lonxitudinais e superficiais, instalaranse novas sinais e melloraranse servizos como a rede de pluviais, nova canalización para alumeado público e telecomunicacións e novas luminarias eficientes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí