Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación aprobou máis de 150 medidas para axudar aos concellos, aos sectores produtivos e ás persoas máis vulnerables a combater a pandemia

Carmela Silva: A situación é complexa pero son optimista, teremos que reinventarnos en moitos eidos pero somos un pobo creativo e poderemos facelo

Carmela Silva: A situación é complexa pero son optimista, teremos que reinventarnos en moitos eidos pero somos un pobo creativo e poderemos facelo

Fecha: 18 de Abril de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou máis de 150 medidas para facer fronte aos efectos da pandemia de Covid19, unha intensa actividade que comezou mesmo antes da declaración do estado de alarma coa creación do Comité de Seguimento da institución provincial, presidido pola presidenta, Carmela Silva. Así o debullou a propia Silva durante unha rolda de prensa en formato telemático (a primeira da historia na Deputación) e na que participaron un total de 30 xornalistas.

"Non hai un só día no que a Deputación non adopte varias decisións para axudar a mitigar esta crise", subliñou Silva, quen tamén esta mañá presidiu a primeira Xunta de Goberno telemática e o próximo venres, día 24, fará o propio co primeiro Pleno aproveitando a plataforma tecnolóxica da Deputación. Un servizo que foi posto a disposición dos concellos de menos de 20.000 habitantes e que hoxe mesmo estreou o Concello de Lalín e o próximo día 27 vai ser utilizado por Mos. Son xa 40, sobre un total de 52, os concellos da provincia que van facer uso deste recurso.

Os proxectos tecnolóxicos desenvolvidos pola Deputación a través da súa plataforma de Administración Electrónica fan posible que unhas 6.000 persoas estean a traballar dende casa. Entre elas, unhas 5.600 persoas pertencentes aos cadros de persoal dos concellos e outras 550, da Deputación. En palabras da presidenta, un apoio que está a permitir á Administración local "a volta progresiva a unha realidade anormal".

Entre as últimas decisións adoptadas pola Deputación figura a adquisición de novo material de protección como máscaras e, do mesmo xeito, anticipou que vanse colocar mamparas de protección nas oficinas de atención ao público e que estase a avaliar a instalación de arcos de medición de temperatura nas dependencias provinciais nas que se producen aglomeracións de público superiores ás 50 persoas.

Carmela Silva situou ao Centro Príncipe Felipe no centro das preocupacións da Deputación e insistiu en que o benestar de nenas e nenos internas/os e das traballadoras e traballadoras é a súa prioridade, polo que merece unha "especialísima atención".

A presidenta puxo en valor a asistencia aos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes. "Os concellos están a ser os mellores aliados da cidadanía; fálase moito do que fai o Goberno de España e as comunidades autónomas, pero moi pouco dos que están na primeira liña da toma de decisións para facer fronte a tantas e tantas consecuencias que está a traer o coronavirus". Deste xeito debullou que boa parte dos 28 millóns de euros mobilizados pola Deputación para reforzar a liquidez municipal xa fluíron ou están en proceso. Están transferidos o 100% dos 500.000 euros en subvencións para Axudas de Emerxencia e os máis de 1,2 millóns das Axudas Extraordinarias. Unha inxección económica que financia desinfeccións de espazos, compras de material de protección, axudas directas a maiores e menores en situación de vulnerabilidade ou repartos de alimentos e medicamentos. Asemade, a Deputación transferiu xa a meirande parte dos fondos do Plan de Servizos Comunitarios Básicos e do Servizo de Axuda no Fogar, dotados con máis de 2,3 millóns de euros. Finalmente, modificou a Liña 2 do Plan Concellos (destinada a actividades socioculturais e gasto corrente e dotada con 3 millóns de euros) para posibilitar o pago das facturas relacionadas co combate á enfermidade. Un apoio á rede municipal que se completou coa posta a disposición nun prazo de só 48 horas dos 21 millóns de euros de anticipos do Órgano de Recadación (ORAL) e a asistencia técnica aos concellos para facer posible un "calendario fiscal á carta", de xeito que cidadáns e empresas poidan facer fronte ás súas obrigas "como mellor lles conveña nun ano tan extraordinario".

A presidenta, que tamén aludiu á prórroga por 11 meses dos prazos do Plan DepoRemse, que mobiliza 11 millóns de euros en obras de seguridade viaria, destacou o reforzo no servizo de Teleasistencia para as persoas maiores que viven soas. O servizo está moi pendente das 126 persoas usuarias que carecen de apoio familiar e ás que se chama tódolos días para facerlles un seguimento personalizado.

Silva fixo especial fincapé no apoio que se está a prestar aos distintos subsectores do sector Terciario, entre os que destacou o Turismo, a Cultura ou o Deporte. Sen esquecer o impulso do sector Primario, con referencia clara aos subsectores agrogandeiro e pesqueiro-marisqueiro, cuxas bases de subvencións, dirixidas a cooperativas e confrarías, xa foron convocadas cunha dotación total próxima aos 500.000 euros.

Ao respecto do Turismo lembrou que está en marcha O Estudo de Impacto para avaliar os efectos da crise nun ámbito "que é un dos que vai ter unha saída máis complexa". A Deputación xa traballa nun Plan Estratéxico para o período 2021-2023. "Estamos mellor posicionados que outros destinos porque vivimos nun paraíso natural e a xente vai desexar natureza, espazos abertos que permitan o distanciamento social e turismo de saúde, no que somos unha potencia". Nestas claves animou a traballar conxuntamente para ir gañando a confianza do turista que vai vir trala crise, que será o de proximidade. A este respecto destacou a campaña "Viaxa mañá", cuxo vídeo tivo máis de 54.000 visualizacións, 25.000 descargas e 1,5 millóns de impresións.

No que atinxe ao reforzo do tecido económico lembrou a orde de axilizar pagos a empresas e autónomos nunha institución como a Deputación, que xa era líder de España en pronto pago, ou a posta en marcha do Coworking online de Barro con 20 novos proxectos empresariais. Singular atención mereceulle o programa SmartPeme cun crecemento dun 14% nas consultas recibidas. Ao tempo, SmartPeme tamén está a organizar sesións webinar (seminarios online en formato vídeo) e apoiando ao movemento CovidMakers. Todo elo, destacou Carmela Silva, significa que hai interese entre as persoas emprendedoras por coller impulso.

A presidenta tivo palabras para o mundo da Cultura, co que está a manter un contacto constante, e anunciou a vontade da Deputación de "escoitar" antes de poñerse a "axudar a reinventar os eventos multitudinarios que non van ser posibles mentres non haxa unha vacina contra a Covid19". Opinou que as solucións serán máis sinxelas para o cinema, pero haberá que buscalas para o mundo da música, incluíndo a reformulación das bases de programas provinciais como Pontegal ou Musigal ou do circuíto Rías Baixas Fest, que cualificou como "estratéxico". "Non estou disposta a que se perda nin só festival musical na provincia", anunciou. Con respecto ao Deporte subliñou se liberarán os cartos das subvencións a deportistas, clubs e federacións en canto se levante o estado de alarma.

Sobre a Violencia de Xénero, un aspecto sempre transversal nas políticas provinciais, subliñou que continúa a campaña "Fronte a violencia de xénero non estás soa" e tamén a prestación do servizo Atempro, que está a asistir a 69 mulleres da nosa provincia. Durante este período de confinamento, Atempro rexistrou 3 novas altas.

Silva fixo un repaso aos servizos mínimos que se están prestando dende a Estación Fitopatolóxica de O Areeiro e a finca de Mouriscade, pero quixo deterse especialmente no traballo do Centro de Acollida de Animais (CAAN), lamentando que dende o 14 de marzo xa leva recollidos 40 animais abandonados, algúns deles en situación de extrema precariedade. "Unha sociedade avanzada non abandona aos seus animais, e menos nestes tempos", significou, antes de facer un chamamento á sociedade.

Finalmente, a presidenta da Deputación destacou o esforzo de coordinación da Deputación co Goberno de España e coa Xunta de Galicia. Ao respecto do Goberno agradeceu a axuda do Ministerio de Exteriores para a repatriación de 6 dos 35 alumnos que participan no programa Erasmus+ "Practicum Depo". Tamén a dispoñibilidade da Secretaría de Estado de Turismo, que participou nunha xuntanza telemática para encamiñar unha estratexia nacional de destinos turísticos intelixentes.

No que atinxe á Xunta, Carmela Silva revelou que remitiu unha carta ao presidente, Alberto Núñez Feijoo, para pedirlle que convoque ás catro deputacións galegas a unha xuntanza sobre os efectos da Covid19. "A carta foi remitida o 3 de abril e non tivo resposta", afirmou, "polo que quero lembrarlle ao señor Feijoo que os presidentes de Castela-León, Canarias, Baleares, Castela-A Mancha, Aragón, Valencia e Euskadi si o fixeron, porque entenderon que nestes temos a colaboración é fundamental".

A presidenta provincial concluíu cun agradecemento expreso a todo o persoal da Deputación, "que está a facer un traballo incansable" nun momento no que cómpre "traballar máis e mellor que nunca". "Quero expresar o meu orgullo por ter constatado que facemos todo en moito menos tempo do que xa o faciamos".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones