Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación da luz verde ao convenio co Rosal para a segunda fase na EP-3303 Tabagon-Goian

As obras terán un orzamento de 800.000 euros e executaranse nun tramo de 1,8 quilómetros nos que se crearán itinerarios peonís seguindo o modelo da mobilidade amable, sostible e segura da Deputación

As obras terán un orzamento de 800.000 euros e executaranse nun tramo de 1,8 quilómetros nos que se crearán itinerarios peonís seguindo o modelo da mobilidade amable, sostible e segura da Deputación

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Julio de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación dá un novo paso para acometer a segunda fase da mellora da mobilidade peonil da EP-3303 Tabagón-Goián, que une O Rosal e Tomiño, coa aprobación dun convenio co concello de O Rosal. A actuación, que completará a transformación integral de este vial, ten un orzamento de 795.872€, que son asumidos integramente pola Deputación xa que financia o 80% a través deste convenio. Pola súa parte, o 20% é correspondente ao Rosal a través do Plan Concellos.

Esta nova fase abrangue un itinerario de 1,8 quilómetros nos que se crearán itinerarios peonís continuos e unha zona de convivencia con prioridade para as persoas seguindo o modelo de mobilidade amable, segura e sostible da institución provincial.

O proxecto súmase á primeira etapa das obras que está agora en execución e que ven de recibir o espaldarazo do IDAE cunha subvención dos fondos Feder que supón máis do 70% do orzamento. A segunda fase se fará no tramo comprendido entre os puntos quilométricos  1+795 ao 3+600 e comprenden a execución dunha zona de convivencia sobreelevada con prioridade peonil do pq 2+200 e o 2+300;  e de sendas peonís de formigón coloreado cun ancho mínimo de dous metros e medio do pq 1+1+795 ao 2+200 e do 2+300 ao 3+600.

Ademais, renovarase a capa de rodaxe en todo traxecto, coa instalación de pasos de peóns/as sobreelevados e redutores de velocidade ao longo do treito, pavimentarase a zona de convivencia con formigón con bandas de pedra e executarase unha nova rede soterrada de pluviais, cunetas transitables e prevese a execución da rede soterrada de alumeado, así como a execución de arquetas para a futura colocación dos farois. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones