Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de novo na vangarda co seu servizo de información sobre a Covid-19 para o tecido económico da provincia

Preto de 200 empresas participaron nas primeiras webinars sobre o funcionamento dos ERTE e as axudas públicas á reactivación económica

A Deputación está a distribuír entre pemes e persoas autónomas e emprendedoras infografías con todas as medidas que as afectan e as axudas que poden solicitar

Fecha: 08 de Julio de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vólvese situar como unha administración pioneira co seu servizo de información práctica sobre as medidas e implicacións do coronavirus no tecido económico da provincia. Trátase dun programa posto en marcha pola institución provincial a raíz da COVID-19 que ten un dobre obxectivo: por unha banda, centralizar a información sobre todas as axudas e demais iniciativas públicas das que se poden beneficiar tanto pequenas e medianas empresas como persoas autónomas e emprendedoras da provincia, así como da normativa que as afecta en canto ao desenvolvemento da súa actividade. Por outra banda, e principalmente a través da ferramenta dos webinars, estanse organizando periodicamente diversas xornadas informativas para aclarar moitas das dúbidas orixinadas entre o tecido empresarial desde o estalido da pandemia.

En canto á liña de información sobre medidas e outros aspectos, a Deputación comezou divulgando unha serie de infografías coas medidas e protocolos de prevención e hixiene en cada unha das fases da desescalada e na coñecida como "nova normalidade". Elaboráronse materiais específicos para diversos sectores do comercio, como son os salóns de peiteado, a hostalería e restauración, as actividades culturais, as actividades deportivas, e tamén piscinas recreativas e praias. Tamén recibiron información sobre como actuar coas persoas traballadoras consideradas especialmente sensibles.

Dentro desta mesma liña do servizo, as pemes e persoas autónomas e emprendedoras tamén están a ser informadas, de maneiras sinxela e directa, sobre as implicacións fiscais da COVID-19 (por exemplo, como tributan as axudas), as implicacións laborais (como os procedementos relativos aos ERTE e a volta á actividade) ou as implicacións relativas a axudas a persoas autónomas (como a prestación por cesamento de actividade). Recentemente o equipo do servizo vén de elaborar unha serie de infografías sobre as axudas do Goberno estatal para o sector turístico.

Preto de 200 empresas nos webinar informativos
Os webinars impartidos polo servizo de información práctica sobre medidas e implicacións da COVID-19 para pemes e persoas autónomas da provincia están a ter unha moi boa acollida, de xeito que, das dúas sesións que tiveron lugar ata o momento, participaron representantes de preto de 200 empresas.

A primeira sesión organizouse o 18 de xuño baixo o título de "ERTE: Cuestións clave e implicacións legais". Das persoas asistentes, arredor do 30% pertencía ao sector turístico e arredor do 15% a servizos profesionais, con presenza tamén de profesionais do sector comercio, a educación, o lecer ou persoal de recursos humanos. As cuestións que causaron maior interese foron as relativas ás prestacións para persoas autónomas, a previsión de estender os ERTE ata setembro, a posibilidade de manter en ERTE a persoas traballadoras xa reincorporadas ou as diferenzas entre os ERTE por forza maior e os ERTE ETOP (por causas técnicas, económicas, organizativas e de produción).

A segunda sesión deste luns 6 de xullo, sobre "Axudas públicas á reactivación", foi impartida polo relator convidado Fernando Picón, socio director de OBZ Consulting. Nela, expuxéronse as claves para xestionar correctamente axudas e subvencións e o mapa de axudas dispoñibles, tanto as recorrentes como as directamente relacionadas coa COVID-19. De novo, o turismo foi un dos sectores que se sentiu máis atraído pola sesión, sendo un 15% do público total, aínda que desta volta foron superadas polos servizos profesionais (un 25%). Ademais, as 10 empresas beneficiarias da nova convocatoria da aceleradora de empresas do sector comercio tamén se deron cita na sesión telemática. Fernando Picón deu resposta a numerosas preguntas do público, como as relativas á necesidade que teñen as persoas emprendedoras de xestionar e planificar que axudas van solicitar; cuestións relativas sobre onde poder rastrear e consultar as axudas publicadas (de aí a importancia do servizo de información centralizada posto en marcha pola Deputación de Pontevedra), e tamén se interesaron por se a crise sanitaria afectará no futuro ás axudas recorrente e aos fondos europeos.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones