Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra incorpora novo persoal ao Concello de Tui para colaborar na xestión da traxedia de Paramos

O Goberno de Carmela Silva despraza este xoves a unha aparelladora que traballará co persoal encargado de axilizar os expedientes urbanísticos das vivendas afectadas

O Goberno de Carmela Silva despraza este xoves a unha aparelladora que traballará co persoal encargado de axilizar os expedientes urbanísticos das vivendas afectadas

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Julio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Unha aparelladora do Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra se incorpora desde hoxe ao grupo de persoas do Concello de Tui encargadas de xestionar a tramitación dos expedientes e problemas urbanísticos relacionados coas vivendas afectadas pola explosión da pirotecnia da parroquia de Paramos. Esta traballadora realizará as súas funcións co servizo municipal que se está a encargar de buscar solucións aos numerosos problemas que presenta a situación das vivendas e á axilización dos expedientes urbanísticos e xestións necesarias para desbloquear a urbanización da zona do sinistro.

A incorporación de persoal especializado nestas tarefas era unha das necesidades máis demandadas polas persoas afectadas pola explosión de Paramos, coas que a Deputación de Pontevedra segue a manter a súa total disposición a colaborar coas axudas que foren precisas, como fixo desde o primeiro momento da traxedia. De feito, en Tui segue a prestar o seu traballo o persoal de servizos sociais da institución provincial que se desprazou á vila do Baixo Miño cando ocorreu o sinistro para atender ás persoas que sufriron a catástrofe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí