Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra paraliza toda a obra pública no cumprimento do novo real decreto lei do goberno

As brigadas provinciais continuarán a traballar por quendas para atender calquera incidencia nas infraestruturas provinciais

O goberno mantén as visitas aos concellos para certificar obras xa rematadas a fin de poder pagar ás empresas que as fixeron e seguir a garantir a súa liquidez

Fecha: 31 de Marzo de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra paralizará desde este luns toda obra pública para cumprir co novo Real Decreto Lei do Estado na loita común contra a crise sanitaria provocada polo coronavirus. A decisión foi o principal acordo da reunión do Comité de Seguimento, que se reuniu esta mañá, coa presidencia de Carmela Silva e a vicepresidencia de César Mosquera, para coñecer en profundidade o Real Decreto e tomar medidas de aplicación.

No caso das infraestruturas, hai que engadir que cesan tamén todos os traballos de seguimento das obras, salvo as que sexan estritamente necesarias para garantir as medidas de seguridade. Polo contrario, o goberno provincial si manterá as visitas de persoal técnico da institución, reforzando ao extremo as medidas sanitarias de protección, para certificar obras xa rematadas nos concellos a fin de poder pagar ás empresas que as fixeron e seguir a garantir a súa liquidez. Pola súa banda, mantense as quendas das brigadas, que continúan a traballar como servizo esencial, para a atención de calquera incidencia nas infraestruturas provinciais.

A outra novidade con respecto a situación actual, é a suspensión dos traballos de mantemento que se viñan facendo nos campos de fútbol da provincia solicitados polos Concellos. Esta labor paralízase desde hoxe ata que a situación sanitaria o permita.

No resto dos departamentos da Deputación de Pontevedra, o novo Real Decreto non afecta no seu funcionamento interno, xa que os servizos esenciais mantense os mesmos que xa se dispuxo a resolución presidencial da institución provincial do 16 de marzo, tales como Príncipe Felipe, Mouriscade, Areeiro, Caan, etc...

En calquera caso, as Xefaturas de Servizo xa dispoñían naquela resolución presidencial da atribución para reorganizar o seu funcionamento de maneira que o traballo presencial sexa o mínimo indispensable. Hai que lembrar que case 600 traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra xa veñen traballando en remoto nos seus domicilios desde a entrada en vigor do Estado de Alarma.

Obras afectadas no Baixo Miño:

O ROSAL - MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA EP-3302 DENDE O P.K. 1+365 ATA O P.K. 1+940 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones