Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra revalida a súa aposta polo deporte da provincia co adianto de axudas por importe de case 3 millóns de euros

A marca de excelencia provincial DepoDan e DepoPromesa crece ata os 259 deportistas que optarán a bolsas dun total de 200.000 euros

A marca de excelencia provincial DepoDan e DepoPromesa crece ata os 259 deportistas que optarán a bolsas dun total de 200.000 euros

Fecha: 27 de Abril de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, plenamente consciente da difícil situación que nestes tempos de COVID19 tamén está a vivir o deporte da provincia, non so decidiu manter a súa aposta polos clubs e entidades deportivas senón que tomou medidas para axilizar as axudas e flexibilizar e adiantar as súas liñas de subvencións. Estas medidas, que supoñen unha inxección de liquidez de case 3 millóns de euros, favorecen tanto ás entidades que traballan polo deporte da alta competición, como a aquelas que promoven o deporte base. Así, a institución provincial revalida a importancia que lle dá á práctica deportiva para afianzar e potenciar o deporte como transmisor de hábitos e estilos de vida saudable e do desenvolvemento social da persoa

Nesa liña, xa están aprobadas as axudas aos clubs de alta competición da provincia e, a próxima semana publicarase a relación deste ano dos e das deportistas que entrarán na marca provincial de excelencia DepoDan e DepoPromesa. Amais, xa están publicadas as bases para os equipos e entidades que compiten en categoría inferior a nacional e o luns estarán as de categoría nacional e as do ámbito náutico

Convenios elite
Os clubs de alta competición xa teñen aprobadas axudas da Deputación por 632.500 euros destinados a un total a 13 equipos de diferentes modalidades que levan o nome da provincia nas súas competicións. Concretamente, os clubs beneficiados este ano son: Club Balonmán Cangas (Balonmán Liga Asobal), Atlético Guardés (Balonmán División Honra Feminino), BM Porriño (Balonmán División Honra Feminino), Pontevedra CF (Fútbol 2ª División B), Coruxo (Fútbol 2ª División B), Supermercados Froiz (Ciclismo), Club Ciclista Rías Baixas (Ciclismo), Agrupación Deportiva Vincios (Tenis de Mesa División de Honra), Peixefresco Marín (baloncesto), Club Amfiv (Baloncesto en cadeira de rodas División de Honra), Sociedad Gimnástica de Pontevedra (Atletismo División de Honra), Poio F.S. (Fútbol Sala 1ª División Feminino) e Tenis de Mesa Monteporreiro (Baloncesto).

A Marca de Excelencia: DepoDan e DepoPromesa
A Deputación tamén ten pechada a relación de deportistas que integrarán a marca de excelencia deportiva provincial DepoDan e DepoPromesa que este ano segue a crecer. Un total de 259 de deportistas, mulleres e homes, logran a categoría: 172 a marca DepoDan, fronte aos 118 do pasado ano, e 87 a de DepoPromesa, sendo 71 en 2019. Ultímase, amais, o proceso de publicación das bases para que os e as deportistas deste ano poidan optar ás bolsas que contan cun orzamento de 250.000 euros.

Outras Liñas de Axudas
No programa da Deputación de Pontevedra para apoiar ao deporte da provincia hai que sumar aos equipos e entidades deportivas de ámbito inferior a nacional, con axudas de 575.000 euros, e outros 100.000 para os clubs de fútbol que compiten na categoría de preferente. Estas bases xa están publicadas e, finalizado o prazo de presentación, xa son 593 solicitudes, 17 máis que no ano 2019.

Para os clubs deportivos federados que participan en categoría nacional e os equipos da 3ª división de fútbol, destínanse 775.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes se abrirá en canto finalice o estado de alarma. En 2019 beneficiáronse destas axudas 75 clubs de máis de 10 modalidades e de 21 concellos da provincia.

Finalmente para os clubs deportivos federados de deporte náutico, nas modalidades de remo, vela e piragüismo, as axudas están dotadas de medio millón de euros, axudas que o pasado ano beneficiaron a 52 clubs de piragüismo, remo e vela de 22 concellos. O prazo de presentación de solicitudes tamén comezará ao remate do estado de alarma.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones