Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de pontevedra suxire á xunta a posibilidade de aplicar test de dobre banda nas empresas con máis de cen traballadores/as

Alcaldes e alcaldesas de concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes trasladaron esta demanda recollendo o sentir do persoal sanitario de atención primaria

Alcaldes e alcaldesas de concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes trasladaron esta demanda recollendo o sentir do persoal sanitario de atención primaria

Fecha: 21 de Abril de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, trasladou nas últimas horas á Xunta de Galicia a suxerencia de poder aplicar os test de dobre banda ao persoal daquelas empresas galegas de máis de cen traballadoras e traballadores. Trátase dunha demanda de alcaldes e alcaldesas da provincia, que remitiron á institución provincial, recollendo a preocupación do persoal sanitario de atención primaria dos seus municipios.

Nunha carta remitida hoxe ao presidente Núñez Feijoo, a presidenta provincial, Carmela Silva, sinala que "aínda que a totalidade das empresas e industrias están a facer un esforzo enorme para garantir a seguridade do seu persoal, é certo que moitos medios de producción obrigan a contactos interpersoais que poden ser foco de contaxios". Por elo, engade, "para evitar posibles crecementos da pandemia e garantir unhas axeitadas condicións de prevención, propóñennos que solicitemos á Xunta a posibilidade de facer test de dobre banda en todos aqueles centros de traballo nos que, pola súa casuística de acumulación de persoal, determinen as autoridades sanitarias".

A presidenta da Deputación de Pontevedra remata a súa carta dicindo que "queremos que entenda esta petición como unha achega con ánimo propositivo que axude a erradicar, na medida do posible, a propagación do COVID19 entre a cidadanía".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones