Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación envórcase no apoio ao viveirismo da planta ornamental e da flor cortada do Baixo Miño duramente castigado pola covid19

As flores do Baixo Miño formarán parte da estética dos actos da Deputación e crearase un selo propio como elemento promocional e garantía de orixe e calidade

As flores do Baixo Miño formarán parte da estética dos actos da Deputación e crearase un selo propio como elemento promocional e garantía de orixe e calidade

Fecha: 23 de Junio de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

Cos hashtags #PonteEnFlor e #FloresDoBaixoMiño e lemas como #ConectaCoVerde, #RodéateDeVida e #ViveEnColor, a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Cultivos de Baixo Miño, ACUBAM, presentaron hoxe, na Praza do Seixo de Tomiño, a campaña de promoción que a institución provincial pon en marcha para apoiar ao sector da planta ornamental e flor cortada e, consecuentemente, a todos os concellos onde se produce da comarca do Baixo Miño, que tanto sufriron a crise sanitaria ao coincidir o máis duro da pandemia co momento das ventas e exportacións do sector.

Nun acto cheo de flores e cores, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada das alcaldesas de Tomiño e do Rosal, Sandra González e Ánxela Fernández, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a presidenta de Acubam, Patricia Rodríguez, e a deputada provincial Ana Mejías, amais de mulleres e homes viveiristas, destacou que "apoiar esta iniciativa é unha obriga para a institución" e engadiu "non hai outra forma de manter o territorio se non é con economía, apoiarvos agora é apoiar o futuro da xente de aquí". Neste eido, Carmela Silva sinalou que se trata dunha campaña de proximidade, "unha campaña para que merquemos produto local e para que teñamos compromiso individual, temos que comprar plantas e flores e apostar por este sector". A presidenta provincial explicou que esta pandemia global foi moi complicada para todo o sector económico, "pero moi particularmente para aqueles sectores como o que representa ACUBAM, o viveirismo. É durísimo facer fronte a unha situación así". Carmela Silva reclamou por iso ás administracións que teñen competencias "que poñan recursos a disposición deste sector, porque falamos de futuro, de emprego, de actividade económica e dun territorio que despois de moito tempo estaba a coller impulso".

A presidenta da Deputación tamén tivo unhas palabras para facer un recoñecemento ao papel fundamental das "moitas mulleres que traballan neste sector e no crecemento económico e actividade económica". Por último, Carmela Silva quixo enviar unha mensaxe optimista a todas e todos os viveiristas do Baixo Miño alí presentes, sector moi afectado pola crise da Covid ao estallar en plena campaña de ventas. "Somos un pobo de xente loitadora, superaremos esta pandemia, e o viveirismo tamén o superará e sairemos reforzadas e reforzados, aínda que non será fácil".

Pola súa banda, as alcaldesas de Tomiño e do Rosal, o alcalde da Guarda, e a presidenta de Acubam agradeceron e puxeron en valor a gran implicación e compromiso da Deputación e da presidenta "en primeira persoa". Neste senso, Sandra González destacou "que Carmela Silva estivo pendente en todo momento do sector e dos prexuízos económicos, comprometeuse que ía poñer en marcha esta campaña e hoxe cumpre a súa promesa". O alcalde da Guarda tamén enxalzou que "a Deputación sempre apoia as iniciativas que temos nesta comarca". Pola súa parte, Ánxela Fernández coincidiu no "apoio fundamental da Deputación" e lembrou que detrás do viveirismo "hai moitas familias e unha presenza da muller no sector fundamental", "algo que é moi importante xa que quen afronta as consecuencias da crise adoitan ser as mulleres". Finalmente, a presidenta de Acubam, Patricia Rodríguez, fixo fincapé en que "é fundamental que as institucións públicas tendan a man a sectores estratéxicos como é o noso para a comarca, e que está a ser duramente castigado nesta pandemia".

A campaña, que busca impulsar e animar á cidadanía a mercar plantas e flores do Baixo Miño, está centrada en catro accións concretas. En primeiro lugar, crearase o selo "Planta do Baixo Miño" e "Flor do Baixo Miño" como elemento promocional e garantía de orixe e calidade. Amais, con este selo tamén se farán elementos de sinalización para instalar en Garden Centers e floristerías que vendan plantan e flores desta comarca. Por outra banda, realizarase un vídeo promocional de planta e flor do Baixo Miño inspirador, que anime ás persoas a mercar as plantas e flores desta zona da provincia, centrándose na relación entre flores e plantas e a mellora da calidade de vida das persoas. E, por último, levarase a cabo a campaña en Redes Sociais a través de FacebookAds e Instagram Ads con hashtags como #ConectaCoVerde e #PlantaDoBaixoMiño, #PonteEnFlor e #FloresDoBaixoMiño, #RodéateDeVida, #ViveEnColor.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones