Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación habilita ao través do oral un fondo de liquidez aos concellos por importe de 21 millóns de euros

Se ten concedido un fraccionamento de pagamento ou aprazamento, o ORAL non cargará nada na conta bancaria ate o 30 de abril de 2020.

Se ten concedido un fraccionamento de pagamento ou aprazamento, o ORAL non cargará nada na conta bancaria ate o 30 de abril de 2020.

Fecha: 20 de Marzo de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, confirmou este venres a próxima activación dun Fondo de Liquidez de anticipos aos concellos da provincia, ao través do ORAL, do que se poderán beneficiar todos aqueles municipios que teñan delegadas as competencias do cobro de taxas e tributos municipais. De feito, estase a traballar na elaboración dunha normativa que permita adiantar aos concellos, de forma extraordinaria, a integridade da recadación que foi realizada no ano 2019.

Esta decisión supón a posta a disposición dos concellos o anticipo dun Fondo de Liquidez por importe de 21 millóns de euros, que adianta a contía recadada polo pago de taxas do ano 2019 por importe de 18 millóns, e un incremento doutros 3 millóns de euros de anticipo da recadación do imposto de vehículos, cuxo padrón non será posto ao cobro nos prazos establecidos no actual calendario. Unha vez activado, os concellos que o soliciten poderán ter os recursos nun prazo de 48 horas.

Medidas para a cidadanía
O ORAL prorroga ata novo aviso o período de pago voluntario das taxas actualmente ao cobro nos concellos de Arbo, Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Agolada, Lalín, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Poio, Ponteareas, Portas, Rodeiro, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.

Tamén prorrógase ata que finalice o estado de Alarma o calendario fiscal aprobado, momento no que se publicará un novo calendario fiscal para este exercicio. Os procedementos para a cidadanía fixan o prazo do 30 de abril de 2020 tanto para o pagamento caso de recibir unha notificación do ORAL no domicilio; caso de recibir un requirimento para contestar nun prazo determinado; e para dar resposta se se lle notificou un prazo de audiencia.

No suposto de querer presentar un recurso de reposición deberase facelo a partir do 1 de maio de 2020. Por último, se ten concedido un fraccionamento de pagamento ou aprazamento, o ORAL non cargará nada na conta bancaria ate o 30 de abril de 2020.

En canto ás declaracións de plusvalías e o resto de declaracións como o lixo, auga etc..., deberán presentarse nos prazos establecidos nas ordenanzas en vigor. Por imperativo do RD Lei 8/2020 non están suspendidos os prazos e serán atendidos telematicamente, por cita telefónica e excepcionalmente por correo electrónico informacion.oral@depo.es

Lembramos que as oficinas do ORAL permanecen pechadas mentres dure o Estado de Alarma e que se sigue a reforzar o servizo de atención telefónica no número 886.211400. Tamén pódense facer trámites a través da oficina virtual tributaria https//ovt.depo.gal

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones