Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A deputación inicia o programa de mantemento dos campos de fútbol da provincia con primeiras solicitudes para 71 instalacións de 29 concellos

O plan de mellora comezou cos traballos de acondicionamento en campos de Tui e Vilagarcía, onde a semana que vén actuarase sobre outros tres recintos

O plan de mellora comezou cos traballos de acondicionamento en campos de Tui e Vilagarcía, onde a semana que vén actuarase sobre outros tres recintos

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Marzo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Plan de Mantemento de Campos de Fútbol da Deputación de Pontevedra iníciase un ano máis co fin de conservar nas mellores condicións os terreos de xogo da provincia. Ata o de agora o ente provincial xa recibiu solicitudes para 71 instalacións deportivas correspondentes a 29 concellos a fin de levar a cabo os traballos de acondicionamento. Nos últimos días a Deputación xa actuou nos campos de herba sintética de Ribadelouro, no concello de Tui, e Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, e fará o propio con outros 48 terreos deste tipo e 21 de herba natural. A vindeira semana continuarán os traballos en tres instalacións de Vilagarcía, concretamente nos campos municipais de Berdón, María Paz Vilas e Manuel Jiménez Abalo.

Entre as actuacións máis demandadas atópanse a limpeza, descompactación, cepillado, reposición de caucho ou área e picado. Todos os concellos da provincia que o desexen poden solicitar este servicio provincial que, polo de agora, dará mantemento a instalacións dos 29 concellos que xa o demandaron: A Estrada, Arbo, Baiona, Barro, Cambados, Covelo, Gondomar, Lalín, Moaña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

A través desta iniciativa, a Deputación acondicionou o ano pasado un total 88 campos de fútbol, dos que 61 correspondían a instalacións de herba sintética e os 27 restantes a canchas de herba natural. Deste xeito, o plan de mantemento garante a recuperación das instalacións proporcionándolle aos concellos a maquinaria e a man de obra precisa para poder levar a cabo labores de conservación e estender así a súa vida útil.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí