Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación pon case 400.000 euros ao dispor dos concellos do baixo miño para que poidan afrontar emerxencias sociais

Estas achegas enmárcanse nas axudas en materia social por importe de máis de 4 millóns de euros para os concellos máis pequenos da provincia

Estas achegas enmárcanse nas axudas en materia social por importe de máis de 4 millóns de euros para os concellos máis pequenos da provincia

Fecha: 25 de Marzo de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os cinco concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca do Baixo Miño xa teñen á súa disposición máis de 384.000 € en axudas para emerxencias sociais, que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para facer fronte ás novas necesidades da crise sanitaria do coronavirus. Hoxe publícanse no BOPPO a nova liña de Axudas Sociais Extraordinarias, e o Plan de Servizos Comunitarios Básicos e o SAF, que xunto ás Axudas de Emerxencia, constitúen un fondo que ascende a máis de catro millóns de euros destinado aos concellos máis pequenos da provincia. (0,5 millóns de € das Axudas Básicas de Emerxencia, 2,2 millóns de € do Plan de Servizos Comunitarios Básicos e SAF e 1,3 da nova liña de Axudas Extraordinaria). En concreto, os concellos da comarca do Baixo Miño que xa poden pedir as axudas son A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui.

Máis polo miúdo, o concello da Guarda recibirá preto de 90.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos entre 9.500 € de axudas de emerxencia, 59.866,12 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF e 20.320 euros da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

No caso do Rosal, as axudas ascenden a 55.000 € dos cales 9.500 € proveñen das axudas básicas de emerxencia, preto de 28.000 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF e 17.780 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

Pola súa banda o concello de Oia beneficiarase de ata 63.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos en 7.650 € das axudas básicas de emerxencia, 25.541,24 € das axudas de servizos sociocomunitarios e SAF, máis de 15.000 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e outros 14.556,15 segundo índice de avellentamento.

O concello de Tomiño percibirá case 90.000 € dos cales 10.200 € correspóndense con axudas de emerxencia, máis de 59.000 cos servizos sociocomunitarios e SAF e 20.320 € coa nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

Pola súa banda, Tui vai beneficiarse de ata 87.099,50 €, dos cales 10.900 se enmarcan nas axudas de emerxencia, máis de 53.000 € para os servizos sociocomunitarios e SAF e 22.860 € proceden da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

Amais destas axudas aos concellos en materia social, o goberno da Deputación de Pontevedra tamén vén de publicar hoxe no BOPPO as axudas de anticipos tributarios do novo Fondo de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros para os concellos que teñen delegadas as súas competencias.

 

CONCELLO

IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  AXUDAS EMERXENCIAS

IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE BASES SOCIOCOMUNITARIOS E SAF

IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  NOVA LIÑA AXUDAS EXTRAORDINARIAS SEGUNDO TRAMOS POBOACIÓN

IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  NOVA LIÑA AXUDAS EXTRAORDINARIAS SEGUNDO INDICE ENVELLECEMENTO

TOTAL POR CONCELLO

A GUARDA

9.500,00 €

59.866,12 €

20.320,00 €

 

89.686,12 €

O ROSAL

9.500,00 €

27.847,29 €

17.780,00 €

 

55.127,29 €

OIA

7.650,00 €

25.541,24 €

15.240,00 €

14.556,15 €

62.987,39 €

TOMIÑO

10.200,00 €

59.042,00 €

20.320,00 €

 

89.562,00 €

TUI

10.900,00 €

53.339,50 €

22.860,00 €

 

87.099,50 €

TOTAL COMARCA DO BAIXO MIÑO

384.462,30 €

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones