Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación pon en marcha un programa de actividades ecoturísticas para achegar visitantes ao territorio transfronteirizo do Miño

O deputado Uxío Benítez subliña que o Miño como destino turístico encaixa nas novas demandas da sociedade: natureza e tranquilidade

O deputado Uxío Benítez subliña que o Miño como destino turístico encaixa nas novas demandas da sociedade: natureza e tranquilidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Septiembre de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

Nun acto á beira do río o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, acompañado das alcaldesas de Tomiño, Sandra González; do Rosal, Ánxela Fernández; e de Salvaterra Marta Valcárcel; e os alcaldes de As Neves Xosé Manuel Rodríguez; de Tui, Enrique Cabaleiro; e de A Guarda Antonio Lomba, presentou hoxe  as actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ que a Deputación de Pontevedra está a realizar para potenciar o territorio transfronteirizo do río Miño baixo o lema ‘Dous países, un destino’.

 

As actividades -desenvolvidas dentro do proxecto Visit Rio Minho, co-financiado con fondos FEDER, a través do programa ‘Interreg V-A POCTEP 2014-2020’-son gratuítas, están dirixidas a tódolos públicos e desenvolveranse entre esta fin de semana e a primeira de outubro nos concellos galegos e portugueses que lindan coa vía fluvial. Haberá sendeirismo, rutas en bici, rutas urbanas e percorridos históricos, visitas a adegas, museos, petróglifos, balsismo, caiac, gastronomía, e observación ornitolóxica e astronómica, entre outras actividades.

 

O deputado Benítez destacou que estas propostas pretenden achegar visitantes ao río Miño entendéndoo como un único territorio, “co obxectivo de construír un destino turístico no que se se ofertan dous países”. Segundo dixo, o programa de actividades ten unha oferta diversa que amosa todos os atractivos e riqueza paisaxística, natural, cultural e gastronómica, “para dar a coñecer ao mundo un lugar estratexicamente situado”.

 

O destino do Miño, abondou o nacionalista, encaixa perfectamente coas novas demandas de turismo da sociedade, “que o que busca é espazos naturais, máis tranquilos, nos que non haxa grandes aglomeracións e nós temos a sorte de que esta zona está sen explotar”. Así mesmo, subliñou o compromiso da Deputación e o AECT de aproveitar e difundir o territorio turisticamente “dun xeito sustentable, racional e con calidade, atraendo público con sentidiño, xa que é un destino que ten moitas potencialidades e pode xerar moita riqueza no territorio”.

 

Segundo insistiu, para a Deputación e o AECT Rio Minho a consolidación do destino ‘Rio Minho’ é un dos obxectivos estratéxicos, polo que se traballará para manter este programa de actividades ou outro de similares características nos vindeiros anos. “Este é un proxecto piloto que se vai ben será replicado novamente independentemente de que haxa fondos comunitarios, que se solicitarán expresamente. Polo que aconteceu coas primeiras visitas, para as que se cubriron prazas enseguida e hai unha grande lista de agarda, pensamos que haberá novas edicións sempre co eixo vehicular de gozar do Río Miño”, dixo.

 

Actividades

Segundo explicou o xerente da empresa Xeitura -que desenvolverá a iniciativa-, Raúl Fernández, as propostas para coñecer o Miño divídense en diferentes xornadas de días completos nas fins de semana consecutivas de entre o 12 de setembro e o 4 de outubro. Para esta primeira fin de semana haberá dúas actividades: Unha ruta de sendeirismo nas marxes do Miño e do río Deva ata o alto da Moura e unha visita a Melgaço e, por outra parte, un descenso no río Miño (Arbo) xunto a unha visita guiada a unha adega en As Neves e a visita aos petróglifos da Coutada. As inscricións completáronse en apenas un día e a lista de agarda chegou ás cen persoas.

 

Na fin de semana do 19 e 20 de setembro terán lugar a terceira e a cuarta ruta. A terceira consiste nun percorrido circular pola contorna de Salvaterra, así como a visita á viña e ao Museo do Viño. Ao día seguinte a proposta é unha ruta polo municipio de Monçao coñecida como ‘A Cova da Moura’, unha vista ao palacio da Brejoeira e unha visita a Monçao.

 

A seguinte xornada, do 26 de setembro, inclúe un percorrido en bici pola ecovía do Miño entre Valença e Vila Nova de Cerveira, e unha visita guiada por Valença e Tui. O domingo 27 de setembro realizarase unha ruta de sendeirismo entre a desembocadura do Tamuxe e o porto de Goián, a visita á fortaleza, e un tramo en caiac polo río.

 

Finalmente, para o 3 e 4 de outubro plantéxase unha fin de semana completa na que se combinarán as rutas de sendeirismo, a observación ornitolóxica, visitas guiadas, e unha visita dramatizada no castro de Santa Tegra. (Máis información ver adxunto)

 

Todas as actividades son gratuítas e están destinadas ao público xeral. As inscricións para os eventos realizaranse entre o luns anterior ás 9 horas e ata o xoves ás 23 horas no caso de non cubrir as prazas con anterioridade (entre 45 e 50 por evento) na páxina web da Deputación depo.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí