Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A diminución de persoal da policía local de Tomiño é eventual e allea á xestión do goberno

O goberno local de Tomiño aclara a situación actual da policía municipal fronte á desinformación verquida nos últimos días

O goberno local de Tomiño aclara a situación actual da policía municipal fronte á desinformación verquida nos últimos días

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Enero de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

Recentemente o persoal da policía local de Tomiño veuse reducido en efectivos. Esta situación deriva do feito de que dous dos axentes asignados ao servizo en Tomiño solicitaron traslado a outra localidade, e non a ningunha baixa como informou erroneamente un dos grupos municipais hai poucos días. A solicitude de traslado forma parte dos dereitos de calquera axente de policía, e polo tanto ao funcionamento normal da administración local.

O Concello de Tomiño convocou hai agora máis dun ano dúas prazas para a policía local. Os axentes seleccionados entón están rematando actualmente o seu período de formación regulamentaria, e incorporaranse ao Servizo activo en Tomiño en poucas semanas. Ademais destas novas e inminentes incorporacións, levarase a cabo unha nova selección para dous axentes adicionais no 2023, que se incorporarán ao rematar o período correspondente de selección e formación na Academia Galega de Seguridade, dependente da Xunta de Galicia.

En relación aos auxiliares de policía, o goberno municipal aclara que a nova Lei de Emprego impide, polo momento, a súa contratación con seguridade xurídica. O Concello de Tomiño, do mesmo modo que están a facer o resto dos concellos galegos, está a estudar novas fórmulas para que poidan cubrirse esta prazas, que son descontinuas, con todas as garantías.

Dende o goberno municipal faise un chamamento á calma e lembran que non hai motivo de alerta, dado que se trata dunha situación que se limita a unhas poucas semanas. O persoal da policía local reuniuse coa alcaldesa e outros membros do goberno municipal e adoptáronse as medidas precisas para tratar de arranxar a situación, que non é para nada achacable á xestión municipal. Así mesmo, insta á responsabilidade política e a non utilizar situacións absolutamente imprevisibles e regulares dentro do funcionamento normal dun Concello para sementar alarma coa finalidade de obter algún tipo de rédito político.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí