Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A EDICIÓN MÁIS INTERNACIONAL DO FESTIVAL DE DOCUMENTAIS PLAY-DOC OFRECERÁ 32 FILMES PROCEDENTES DE 17 PAÍSES

Regresa a Tui do 22 ao 26 abril con espazos para a crítica, homenaxes aos cineastas Albert Maysles e Manuel Mozos, e unha retrospectiva sobre Claire Simon

O secretario xeral de Cultura referiuse ao certame como -unha oportunidade única para se achegar a un xénero interesantísimo como é o do cinema documental-

Fecha: 22 de Abril de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O Festival Internacional de Documentais de Tui regresa este ano cunha programación que inclúe 32 filmes procedentes de 17 países e na que a creación feminina terá unha presenza protagonista, xa que a metade das cintas están dirixidas por mulleres. Así o avanzaron esta mañá os directores do certame, Sara García e Ángel Sánchez, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

"Do 22 ao 26 de abril temos unha oportunidade única de achegarnos a un xénero interesantísimo, o do cinema documental, cunha selección de alto interese e calidade", dixo Anxo Lorenzo, quen destacou a presenza no festival de "olladas e reflexións innovadoras", con "espazo para a creación galega actual, para referentes de preto dunha vintena de nacionalidades e para o desenvolvemento de traballos", en referencia ás películas que se presentarán froito de obradoiros de edicións anteriores.

Potencial e talento do audiovisual galego
"Sabemos que existe en Galicia un enorme potencial neste sector, moito talento e un saber facer xa consolidado", afirmou o secretario xeral, quen tamén incidiu na necesidade de incorporar ás programacións o diálogo entre distintas disciplinas para atraer ao festival outros públicos, como é o caso da sección Play-Doc Live! 1906, que sobe á escena músicos que centraron recentes documentais. Nesta ocasión o músico luso The Legendary Tigerman virá presentar o seu último álbum, True, e a cinta homónima, sobre o proceso creativo do disco.

O cine galego volverá estar presente nesta nova edición do festival, cunha sección específica que recolle os sete títulos documentais máis destacados da tempada. Amais destas proxeccións, o festival acollerá unha mesa redonda arredor dos filmes pensados para se difundir a través da rede, en museos e noutros espazos expositivos.

Novas promesas e realizadores consagrados
A sección oficial de Play-Doc incluirá sete títulos, onde teñen cabida traballos de novas promesas xunto con títulos de recoñecidos realizadores como Fernand Melgar, Göran Hugo ou J.P. Sniadecki. Ademais, cada ano, o festival dedica retrospectivas a grandes cineastas. Nesta edición, amosará sete filmes da francesa Claire Simon, un referente do cinema que mestura a ficción co documental. Amais de presentar a súa obra, o festival ofrecerá unha clase maxistral para afondar na natureza da súa metodoloxía.

Novidades
Tamén haberá novidades, como as seccións Play-Doc Workshops e Resonancias. A primeira presentará tres traballos de cineastas que participaron en diversos obradoiros de edicións anteriores do festival. A segunda preséntase como a sección da crítica coordinada pola Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica. O festival incorpora, ademais, un novo premio da crítica outorgado por Camira (Cinema and Moving Image Research Association).

A programación completarase cunha sesión dedicada autor luso Manuel Mozos, con dúas proxeccións o 25 de abril para conmemorar o aniversario da Revolución dos Cravos, e mais coa estrea española de Iris, último traballo do recentemente falecido Albert Maysles, lenda do cinema directo, ao que Play-Doc acolleu hai dous anos cunha intensa retrospectiva.

Ademais da Consellería de Cultura e Educación, a través da Agadic, tamén colaboran co festival Play-Doc a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui. O ICAA (Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales) e AC/E (Acción Cultural Española) completan as axudas públicas a Play-Doc, que tamén conta co apoio de Gas Natural Fenosa, R, Gadis e Hijos de Rivera.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones