Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio quere botarche un baile esta fin de semana

Este sábado 20 celebra no auditorio de Goián (20.00 h) un festival que servirá de escaparate de todas as actividades que están a realizar

Este sábado 20 celebra no auditorio de Goián (20.00 h) un festival que servirá de escaparate de todas as actividades que están a realizar

Fecha: 20 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Naceu hai 28 anos coa intención de xuntar a veciños e veciñas interesados polo baile e sen pensar que ía a crecer tanto co tempo e a acabar converténdose no grupo folclórico máis completo da comarca, cunha escola de gaitas, de danza, de percusión, de pandeiretas e mesmo coa creación dunha treboada. A Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio empeza o ano con forza. Para amosar todas as actividades que están a facer nestes intres invitar a todos os tomiñeses e tomiñesas a participar no Festival ‘Bótoche un baile', que se celebrará este sábado 20 de xaneiro ás 20.00 horas no auditorio de Goián.

Trátase do tradicional encontro de Nadal, que este ano a asociación tivo que adiar por motivos persoais, un festival "familiar no que participaremos todos e todas" e que servirá de escaparate da boa música e do bo baile que saben facer as case 60 persoas que conforman a asociación, que ofrece distintas modalidades. O festival conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes Parroquia de Tomiño.

Para todos os públicos

A Asociación Cultural invita a todos os cidadáns e cidadás non só a desfrutar do festival, senón a participar nalgunha das escolas que actualmente están en marcha. Con membros de entre 5 e 70 anos, os distintos grupos ensaian os martes e venres en San Benito e soamente é preciso pasar por alí ou poñerse en contacto coa organización para "probar calquera das nosas actividades. E hainas para todos os públicos porque temos moita variedade", salienta Rocío Gómez, membro da asociación, quen asegura que "temos familias enteiras participando na asociación, estamos abertos a todo o mundo que queira visitarnos".

Todo o aprendido e ensaiado soe poñerse en práctica en tres festivais anuais: o de Nadal, adiado o ano pasado; un celebrado no mes de agosto, no que soen facer intercambio con grupos doutras cidades tanto de España como de Portugal; e un festival infantil con todos os nenos e nenas que participan na asociación e que soe levar implicado tamén un intercambio cultural.

Pero ademais de todas as actividades musicais e de baile, dende a asociación organizan para os seus membros outro tipo de actividades "de formación para os e as integrantes, como un obradoiro de peiteados que nos sirva para cando imos a festivais fóra da casa, ou de entretemento para os máis pequenos e pequenas, como un obradoiro de adornos de Nadal, actividades coas que motivalos, animalos e que non se aburran, que desfruten e que non pensen que connosco todo é ensaiar".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones