Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A -Estratexia de cooperación transfronteiriza 2030- xa está dispoñible para a súa consulta e descarga

O documento é o resultado dunha profunda análise económica e social do territorio elaborada por especialistas, axentes políticos e sociais

O documento é o resultado dunha profunda análise económica e social do territorio elaborada por especialistas, axentes políticos e sociais

Fecha: 12 de Marzo de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

O documento está pendurado na pestana de accións da web www.smartminho.eu

A ‘Estratexia de cooperación transfronteiriza 2030' xa está dispoñible para a súa consulta e descarga na web do proxecto Smart Minho, www.smartminho.eu. O documento é o resultado dunha profunda análise económica e social do territorio elaborada por especialistas, axentes políticos e sociais e contou cunha importante participación cidadá a través da organización de varias mesas temáticas, dous foros públicos e un espazo virtual de consultas na web. Segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, trátase "dun traballo innovador que permitirá activar o territorio nunha lóxica unitaria e coherente" e servirá como guía das actuacións en materia de cooperación transfronteiriza para o territorio durante a próxima década.

A Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030 estabelece un plan de acción en base a cinco eixos estratéxicos: gobernanza e programas de servizos conxuntos; turismo sustentábel e responsábel; cultura transfronteiriza; mobilidade sustentable, e sustentabilidade e economía innovadora. A Estratexia senta as bases das actuacións, pero "este é un documento vivo, unha ferramenta dinámica a partir da cal se irán definindo as accións concretas", apuntou Benítez.

O documento pode ser consultado en galego e portugués e proximamente tamén será publicado en papel en dúas edicións bilingües, unha de galego - portugués e outra de castelán - inglés.

A elaboración da Estratexia Rio Minho 2030 é o principal produto do proxecto de cooperación transfronteiriza Smart Minho, do que son socios a Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho, o AECT Rio Minho e a Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais.

Outras accións do proxecto Smart Minho, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (POCTEP 2014-2020), son a elaboración dun Plan de Mobilidade Transfronteiriza Sustentable ente o sur da provincia de Pontevedra e o norte de Portugal ou a acción de Tesouros Humanos Vivos, un traballo de recuperación da memoria histórica galego portuguesa e posta en valor deste importante patrimonio inmaterial a través de actividades en escolas, realización dun documental, edición dun libro e creación dunha base de datos pública con toda a información recompilada.

http://smartminho.eu/accions/estratexia-do-rio-mino-transfronteirizo-2030/

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones