Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Eurocidade BTT reúne a 1.160 participantes este domingo na súa novena edición

O Monte Aloia, o Monte Faro e os conxuntos históricos de Tui e Valença conforman o circuíto que ten unha ruta curta de 43 quilómetros e unha longa de 70

O Monte Aloia, o Monte Faro e os conxuntos históricos de Tui e Valença conforman o circuíto que ten unha ruta curta de 43 quilómetros e unha longa de 70

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tui

Este domingo regresa a IX Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña non competitiva, que tras dous anos de parón debido á pandemia volverá reunir aos afeccionados da BTT de Galicia e Portugal nun evento entre dous países.

A proba foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa,  o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández, e o representantes da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez.

A Eurocidade BTT está organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Ciclismo, e subvencionada polo programa operativo Interreg.

A saída será o domingo ás 9 h dende as instalacións da piscina de Valença, onde se reunirán os 1.160 inscritos. Por diante terán 43 quilómetros para os que realicen a proba curta, e 70 quilómetros para os que opten pola distancia máis longa. A chegada estará situada fronte á Cámara de Valença na Fortaleza valenciana.

O alcalde en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, salientou esta mañá na presentación coma a inscrición acadada é o reflexo de que “as cousas se están facendo moi ben”.  Referíase Rafael Estévez ao auxe que está a experimentar  o turismo deportivo xa que xunto aos participantes virán tamén familia ou amigos que aproveitarán para realizar a andaina que conducirá o club AndaTui Rego da Pedra ou para coñecer a Eurocidade Tui-Valença, facer compras ou gozar da gastronomía.  Lembraba amais que a BTT é a primeira das 19 probas deportivas da Eurocidade Tui-Valença previstas para este ano.

O vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, salientaba que a esta proba “é das de maior participación e das máis agardadas” do calendario da Eurocidade. Óscar Sánchez, da Federación Galega de Ciclismo, felicitou á organización polo “traballo extraordinario realizado”.

Eduardo Fernández, presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, explicou de xeito pormenorizado o percorrido que será "igual de duro que de precioso”, e para o que hai que ter “unhas mínimas condicións físicas”. Sinalaba que por seguridade e calidade estableceron o límite de inscrición nas 1.200 persoas porque a ruta a realizar é de “BTT puro”.  Tras a saída os ciclistas dirixiranse cara as parroquias tudenses de Malvas e Pexegueiro, cunha “ruta espectacular de 3 quilómetros á beira do río Furnia” para ter o primeiro punto de avituallamento no quilómetro 18 na igrexa de San Mamede en Malvas, e subir ao cumio do Aloia cunhas vistas espectaculares do Val Miñor e das Cíes. Tras un segundo avituallamento os participantes iniciarán o descenso, para o que recomendaba “precaución e que disfruten das trialeiras”. Xa no centro urbano dende a praza de San Fernando, onde está situada a Catedral, baixarán por escaleiras até o Paseo Fluvial, dende onde chegarán a vella Ponte Internacional. Aquí ás 12.30 h establecerase o corte para poder continuar coa ruta longa. Aqueles que completen os primeiros 41 quilómetros en tempo poderán subir até o Monte Faro, novamente con espectaculares vistas,  e baixar por sendeiros até a Fortaleza de Valença, onde os primeiros poderán estar entre ás 12.30 h e ás 12.45 h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí