Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Eurocidade Cerveira-Tomiño avalía os seus proxectos pioneiros de cooperación

O Orzamento Participativo Transfronteirizo e as Valedoras da cidadanía son dúas das figuras creadas polos municipios para promover as relacións entre os seus habitantes

O Orzamento Participativo Transfronteirizo e as Valedoras da cidadanía son dúas das figuras creadas polos municipios para promover as relacións entre os seus habitantes

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Octubre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A Eurocidade Cerveira Tomiño, a partir do ano 2014, envolvendo nas súas accións a máis de 10.000 persoas, afondou e consolidou as relacións institucionais a través dunha programación e xestión conxunta e partillada de distintos servizos públicos e do envolvemento da cidadanía na formulación de solucións comúns para a resolución de problemas comúns. Ditas accións fixéronse no marco da “Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño”, cofinanciada polo FEDER a través do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP).

 

Neste camiño conxunto pódense salientar algunhas accións distintivas, nomeadamente, a nivel da participación pública e da implicación da cidadanía, que se citan a continuación:

 

  1. i) Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), proxecto pioneiro que permite á cidadanía e/ou entidades presentar proxectos comúns que son posteriormente votados polos electores de ambos os dous concellos. Entre 2016 e 2019, máis de 2000 votantes escolleron 10 proxectos, dun total de 25 candidaturas presentadas, que envolveron perto de 3000 participantes, en áreas como cultura, deporte, ambiente ou accesibilidade para todas as persoas.

 

  1. ii) Valedoras da Cidadanía Transfronteiriza, figura única en Europa, que ten como función dar informacións sobre dereitos e deberes da cidadanía transfronteiriza e aínda rexistrar eventuais ocorrencias que poidan contribuír para corrixir problemas e mellorar o relacionamento entre as persoas e as institucións dos dous lados da fronteira. No ámbito da súa acción destácase a recomendación para a eliminación das barreiras á mobilidade infantoxuvenil, problemática que foi albo de análise no ámbito do proxecto B- solutions da Comisión Europea.

 

iii) No que respecta á planificación e xestión conxunta de equipamentos e servizos de utilización colectiva, destácase a creación dunha Plataforma Tecnolóxica de Xestión de Servizos Partillados, que facilitará o acceso da veciñanza a varios servizos na Eurocidade.

 

Para conclusión do proxecto serán realizadas as II Xornadas Amizade Cerveira Tomiño, que terán lugar o próximo día 23 de outubro, no Centro de Apoio ás Empresas de Cerveira e que servirán tamén para facer o balance dos resultados alcanzados. As conferencias poderán seguirse en streaming na web da Eurocidade (eurocidadecerveiratomino.eu).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí