Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Eurocidade Cerveira-Tomiño colabora no proxecto da Universidade de Vigo -As fronteiras do séulo XXI-

A alcaldesa de Tomiño e o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira reuníronse co coordinador do proxecto para analizar o impacto da COVID-19 na situación transfronteiriza

A alcaldesa de Tomiño e o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira reuníronse co coordinador do proxecto para analizar o impacto da COVID-19 na situación transfronteiriza

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, reuníronse o pasado 11 de xullo co Dr. Enrique José Varela Álvarez, da Universidade de Vigo, coordinador do proxecto CONACYT "As fronteiras do século XXI: A reconfiguración e novas funcións das fronteiras do século XXI".

No encontro, os responsábeis da Eurocidade Cerveira-Tomiño analizaron o impacto da COVID-19 na situación transfronteiriza a través da súa colaboración no proxecto, no que participan tamén investigadores da Arizona State University (Estados Unidos) e do Departamento de Estudos de Población do Colexio da Fronteira Norte (Nogales, México).

Sandra González e Rui Teixeira resaltaron o importante papel da Eurocidade na resposta aos efectos da pandemia e ás protestas contrarias ao peche das fronteiras, coordinadas eficazmente a través da AECT Rio Minho. Ademais lembraron que, fronte aos negativos efectos sociais e económicos sufridos, é necesario reforzar a cogobernanza e "garantir que os fondos europeos para a recuperación e a cooperación transfronteiriza cheguen directamente aos territorios da fronteira".

Na reunión tamén se abordaron outros aspectos da relación de colaboración transfronteiriza que ambas as dúas vilas veñen desenvolvendo dende hai décadas, a través de diferentes iniciativas, como o Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), actividades deportivas, culturais e lúdicas puntuais; partilla de servizos públicos, etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí