Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Eurocidade Cerveira-Tomiño debate en Lituania sobre os obstáculos legais para a mobilidade transfronteiriza cotiá

Na reunión de peche do proxecto BRIDGE, coordinado por Vila Nova de Cerveira e integrado por 11 entidades e municipios transfronteirizos de 10 países

Na reunión de peche do proxecto BRIDGE, coordinado por Vila Nova de Cerveira e integrado por 11 entidades e municipios transfronteirizos de 10 países

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A cidade lituana de Panev??ys foi o lugar elixido para celebrar a quinta e derradeira reunión do proxecto BRIDGE, unha iniciativa na que a EurocidadeCerveira-Tomiño participa xunto con outras 10 entidades e municipios transfronteirizos de 11 países co obxectivo de promover a cidadanía e a cohesión social alén das fronteiras. Coordinado por Vila Nova de Cerveira e financiado polo Programa Europa para os cidadáns da Unión Europea, a Eurocidade estivo presente expoñendo as dificultades xurídicas que se atopan a diario os municipios transfronteirizos que comparten servizos, cultura e vida.

Por parte da Eurocidade, a vice-presidenta da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Carla Segadães acompañada, entre outros, polo director da Agrupación de Escolas cerveirense, Venceslau Teixeira, e o representante da Agrupación de Scouts de Campos, Elvis Graça, presentaron a experiencia da Bienal Internacional de Arte de Cerveira e a realidade dos centros escolares da vila portuguesa.

Pola súa banda, a delegación de Tomiño expuxo ante o público asistente as dificultades para a mobilidade transfronteiriza de menores no territorio, uns obstáculos recollidos polas Valedoras da Eurocidade nun informe realizado xa en 2019 e que propuña medidas que adapten os requisitos de autorización para a mobilidade dos menores ás novas realidades sociais e administrativas a nivel local, ou a promoción de experiencias piloto que permitiran avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas.

Proxecto BRIDGE

Durante este novo encontro, presentáronse tamén as conclusións dun cuestionario a todos os integrantes do proxecto, procedentes de Bulgaria, Hungría, Eslovaquia,  Eslovenia, Italia, Chipre, Lituania, Letonia e Serbia, sobre o impacto da pandemia nas rexións transfronteirizas e a contribución do proxecto BRIDGE para combater o euroescepticismo. As principais conclusións deste documento transformaranse nun informe con recomendacións para a Comisión Europea.

O celebrado na Panev??ys Civic Art Gallery de Lituania é o derradeiro dos cinco encontros internacionais que arrancaron o pasado 2021 en Cerveira e Tomiño e que se prolongaron ata este 2022 nas diferentes zonas transfronteirizas participantes. O proxecto pretendeu contribuír ao coñecemento da historia e da diversidade da Unión Europea, ademais de promover a cidadanía europea mellorando as condicións de participación cívica e democrática.

A pesar de ser a última reunión prevista polo proxecto, tanto a Eurocidade Cerveira-Tomiño como o resto de entidades e municipios integrantes manifestaron a súa vontade de continuar co traballo iniciado, esforzándose por garantir unha maior cohesión das rexións transfronteirizas da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí