Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario con música

Será co concerto -24 caprichos fadistas- do violinista Eliseu Silva este venres no Teatro Municipal de Tui

Será co concerto -24 caprichos fadistas- do violinista Eliseu Silva este venres no Teatro Municipal de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tui

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario cun concerto no Teatro Municipal de Tui. Será este venres, 10 de febreiro, ás 21.30 h ES.

O violinista Eliseu Silva ofrecerá o concerto ’24 caprichos fadistas’ nunha velada de unión entre ambas cidades - e ambos países- e de viaxe pola cultura portuguesa, nunha exaltación do Fado como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Eliseu Silva revisitará os grandes éxitos de Amália Rodrigues, Carlos Paredes ou Zeca Afonso pero tamén interpretará outros temas da música popular de distintas rexións  portuguesas incluíndo Azores ou Madeira.

Eliseu Antunes Pereira Gomes dá Silva conta cunha prestixiosa carreira internacional coma violinista, mestre, pedagogo e director artístico de festivais.

Actuou como solista e en formacións de música de cámara en Portugal e países como Xapón, China, Australia, Alemaña, España, Suíza, Francia, Eslovaquia, Rumania, Bélxica, Holanda, Italia, Inglaterra, Malta,... Tamén participou coma xurado en diversos certames de violín tanto nacionais coma internacionais e impartiu master classes en universidades en China e Australia.  No seu haber figuran numersos premios coma o Yamaha Music Foundation of Europe, ou o  Concurso Internacional de Violín de Malta.

Como compositor, escribiu ‘24 caprichos fadistas’ con motivo dos 240 anos do nacemento de Niccolo Paganini e do décimo aniversario do Fado coma patrimonio inmaterial. O concerto que este venres poderemos disfrutar no Teatro Municipal de Tui é obxecto tamén dunha xira internacional por parte do artista.

O concerto está recomendado a partir de 8 anos e ten unha duración de 65 minutos.

As entradas están xa á venda en tui.gal e en cm-valenca.pt aos prezos de 4 e 3 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de o carné xove,  carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

Toda a información desta cita e da programación teatral en Tui pódese consultar na web tui.gal e nas redes sociais municipais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí