Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A falta de persoal médico en PAC e centros de saúde colapsa as urxencias hospitalarias de Vigo e Pontevedra

A CIG-Saúde denuncia a derivación de pacientes a centros privados

A CIG-Saúde denuncia a derivación de pacientes a centros privados

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Diciembre de 2022

Fuente: CIG Vigo

As federacións de Saúde da CIG de Vigo e de Pontevedra veñen de alertar que a falta de persoal médico nos Puntos de Atención Continuada (PAC) e nos centros de saúde está a provocar o colapso dos servizos de urxencias hospitalarias. Dende a central denuncian que neste contexto o Sergas opta por derivar pacientes a centros sanitarios privados no canto de reforzar o sistema público.

A saturación experimentada polos servizos de urxencias fíxose visíbel nos últimos días nas áreas sanitarias viguesa e pontevedresa, con ducias de doentes pendentes de cama, moitos/as deles/as acumulados/as nos corredores. De feito, no caso do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o aumento das necesidades de camas levou a desdobrar as habitacións en varias plantas. En Pontevedra optouse por trasladar pacientes ao hospital do Salnés e a centros privados, igual que no caso de Vigo.

Mais este aumento de carga asistencial non se traduciu nun aumento de persoal, tendo que atender unha única enfermeira a 20 doentes no Álvaro Cunqueiro. Esta acumulación de pacientes nos corredores supón, ademais dun aumento de carga de traballo para o persoal, unha situación de inseguridade na asistencia. “Isto, a maiores de evidenciar falta de recursos e de previsión, tradúcese nunha atención precaria das persoas enfermas”, sinalan dende a CIG-Saúde de Vigo.

Dende a CIG-Saúde de Pontevedra sosteñen que a situación durante a fin de semana foi insoportábel para os traballadores/as, que se viron superados/as pola situación, e que a atención sanitaria non foi a desexada. “O estrés palpábase nada máis achegarse a urxencias: non había padiolas, nin cadeiras, nin sequera espazo onde colocar os pacientes”, explican dende a federación de Saúde.

Neste contexto, o Sergas optou por realizar traslados de doentes a centros privados en lugar de reforzar o sistema público, no caso de Pontevedra mesmo utilizando o 061 para os traslados. Por iso a central demanda que se reforcen as unidades afectadas e que se informe da situación aos representantes dos traballadores/as. “Preocúpanos a derivación de pacientes a centros privados cando hai centros sanitarios públicos que poderían asumir a asistencia”, comentan compañeiras do sindicato.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí