Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A FEDERACIÓN DE ASOCIACIONS VECIÑAIS TERRA MIÑO ORGANIZA O SEU 9 ENCONTRO CULTURAL CON ACTUACIONS E EXPOSICIÓN DE PINTURA

O vindeiro sábado, 23 de abril, a Federación de asociacións de veciños Terra Miño, organiza na Casa da Cultura de Tomiño, a partir das 17:00 horas, a novena edición do seu ENCONTRO CULTURAL ANUAL

O vindeiro sábado, 23 de abril, a Federación de asociacións de veciños Terra Miño, organiza na Casa da Cultura de Tomiño, a partir das 17:00 horas, a novena edición do seu ENCONTRO CULTURAL ANUAL

Fecha: 23 de Abril de 2016

Fuente: TerraMiño

Este sábado, 23 de abril, a Federación de asociacións de veciños Terra Miño, organiza na Casa da Cultura de Tomiño, a partir das 17:00 horas, a novena edición do seu ENCONTRO CULTURAL ANUAL.

Contará con seis actuacións de distintos Grupos e Coros promovidos polas propias asociacións integradas. Gaitas, baile tradicional, pandereteiras, coros e acordeóns conforman a oferta cultural, á que hai que engadir unha exposición de pintura de distintos autores tomiñeses.

O presente certame conta coa colaboración do Concello de Tomiño e das Adegas Altos de Torona.

Ao finalizar convidarase os asistentes á degustación dun viño producido no Concello. A asistencia será libre e gratuíta ata completar aforamento.
A Federación foi constituída no ano 2006 e actualmente está integrada por once asociacións veciñais e culturais, a Asociación O Árbore de Vilachán, a Asociación de Veciños de Amorín, a Asociación de Veciños de Barrantes, a Asociación de Veciños de Carregal, a Asociación Cultural A Xanela, a Asociación de Veciños de Currás, a Asociación de Veciños de Pinzás, a Asociación de Veciños de Sobrada, a Asociación de Veciños de Taborda, a Asociación Cultural de Tebra, e a Asociación de Acordeonistas de Tomiño.


Entre os seus obxectivos está o promover e coordinar actividades e encontros culturais, fomentar a contorna e o patrimonio local e comarcal, organizar exposicións (escultura, pintura, etnografía), o intercambio de experiencias entre asociacións ou contribuír a poñer en valor das actividades organizadas polos veciños das distintas parroquias do municipio.


PROGRAMA (CASA DA CULTURA DE TOMIÑO - Sábado 23 de abril):

17:00 Horas Presentación
17:15 Horas Airiños Novos de Pinzás
17:45 Horas Pandereteiras de Sobrada
18:00 Horas Coro "Orballo de Currás"
18:20 Horas Acordeonistas de Tomiño
18:40 Horas Coro de Tebra "Monte Tetón"
19:00 Horas Pandereteiras do Aloia
19:20 Horas Degustación viño local

Exposición de Pintura: Desde as 17:00 horas a las 20:00 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones