Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Feira de San Gregorio regresa a Pías o 11 e 12 de marzo de 2023

Como preludio, o 4 de marzo celebrarase o tradicional XV Torneo de Cachiza de Pías

Como preludio, o 4 de marzo celebrarase o tradicional XV Torneo de Cachiza de Pías

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2023

Fuente: Redacción

A tradicional Feira de San Gregorio que se celebra no Cotro en Pías, no termo municipal do Rosal, regresa no mes de marzo despois de 3 anos dende a súa última celebración debido á pandemia. As datas marcadas para a súa celebración son os días 11 e 12 de marzo de 2023, e así o comunicaron dende a organización na súa canle oficial en Facebook:

Como preludo á feira, o 4 de marzo celebrarase o tradicional XV Torneo de Cachiza de Pías. A xornada comezará ás 12.00 horas, con adestramentos libres e unha sesión vermouth seguidos por un xantar ás 13.00 horas a un prezo de 15 euros. Admítense as inscricións no xantar no teléfono 606 837 304 ata 48 horas antes da súa celebración.

O torneo comezará ás 15.30 horas. O prezo da inscrición, que se pode realizar no mesmo teléfono, 606 837 304, son 10 euros por parella. Ao rematar o torneo terán lugar a entrega de premios e a actuación do grupo Los del Barro.

Polo demais, a programación da propia feira comezará o sábado 11 de marzo, coa inauguración da feira ás 17.00 horas por parte das autoridades. Pola mañá, o grupo de gaitas A Boalleira percorrerá as rúas do Rosal, e durante toda a xornada poderase desfrutar do XXIII Evento Gastronómico Rosca de Roxóns na cantina.

Tamén a partir das 17.00 horas celebrarase o VI Concurso veciñal da tortilla de pataca, con inscrición libre e gratuíta e que contempla dúas modalidades: "tradicional" ou "innovación". Deseguido, ás 17.30 horas terá lugar a presentación do libro "Camiñando por Pías" do veciño José Luis Pérez Fernández "Chin".

Dende as 18.00 horas, os máis pequenos poderán desfrutar dos obradoiros de maquillaxe e globoflexia, hora á que tamén comeza a actuación da Cé Orquestra Pantasma. Para finalizar a xornada, ás 20.00 horas será o momento da actuación estelar de De Vacas.

domingo 12, as gaitas de A Boalleira percorrerán de novo as rúas da vila durante a mañá, sendo o protagonista na cantina durante toda a xornada o polbo á feira. Ademais, todo o día poderanse visitar a exposición de artesanía en madeira de Bernardino Ferreira "O Villeiro", así como a XV Exposición Encaixe de Palillos e Palillada.

Tamén pola mañá terán lugar os actos relixiosos, comenzando ás 12.30 horas a Misa Solemne seguida por sermón e procesión, acompañada tamén por A Boalleira.

Pola tarde será o momento da música. Ás 17.00 horas, Peter Punk e Brais das Hortas brindarán un concerto de Punk Infantil, seguidos pola actuación do grupo de folk Fiandola ás 19.00 horas, que clausurará a Feira.

Durante toda a fin de semana, a cantina ofrecerá viños das adegas do Val do Rosal e tapas tradicionais de lamprea, chourizo, callos, orella...

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí