Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Feira do Viño volve inundar O Rosal maridando viño, gastronomía, lecer e moitas ganas de desfrutar

A XXX Feira do Viño do Rosal comezou este venres co pregón do Master of Wine Pedro Ballesteros

A XXX Feira do Viño do Rosal comezou este venres co pregón do Master of Wine Pedro Ballesteros

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Octubre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Este venres daba comezo a 30ª edición da Feira do Viño do Rosal. Unha edición excepcional por moitos motivos: porque celebra o seu 30 aniversario, porque o fai estreando por primeira vez unha renovada Praza do Calvario, e porque, tras dous anos nos que se celebraron ediciones irremediablemente condicionadas polas limitacións sanitarias, este ano volve sen limitacións, sen distancias e con moitas ganas de desfrutar.

A edición deste 2022 conxuoua o mellor da feira tradicional que se viña celebrando na última década, co formato renovado que se implantou nestes anos de pandemia, resultando así unha edición máis completa, que combina o mellor da experiencia da degustación dos viños nas casetas, cunha programación de música, xogos e oferta cultural de calidade. “O mellor xeito de gozar duns viños tan excepcionais como os viños do Rosal, é facelo rodeados de familia e amigos, desfrutando dun concerto, charlando e compartindo o momento e a experiencia” destaca a alcaldesa.

Durante o acto inaugural a alcaldesa quixo destacar que “a Feira é para os rosaleiros e rosaleiras o escaparate no que celebramos e gozamos de xeito lúdico do valor do excelente viño elaborado polas nosas adegas”. “O sector vitivinícola para nós é estratéxico. Non só imprime marca, calidade e emprego ao Rosal, senón que xera riqueza cun tamaño empresarial e de exportación arredor do mundo moi importante. Trátase dun sector que está vencellado ao gran valor climatolóxico e de riqueza do noso territorio no sector primario”, salientou Fernández Callís.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, confesou que se trataba para ela dun día moi especial “no que imos vivir con alegría e orgullo as nosas tradicións, a nosa historia e un paraíso natural como é O Rosal”. “Estamos ante un lugar único tanto en patrimonio como en intelixencia e capacidade para crear. Moitas grazas a todas as adegueiras e adegueiros que amosan o que fan e o territorio nun produto que logo comercializamos polo mundo e, por suposto, grazas pola paixón coa que mantedes esa actividade económica que nos identifica”, rematou.

Pola súa banda, o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), José Luis Cabarca, resaltou que “os viños que imos probar amosan todo o esplendor das últimas colleitas. Falamos de máis de 4.000 hectáreas de DO Rías Baixas que nos deixan máis de 44 millóns de quilos de uva, pero tamén falamos viticultores e viticultoras que converten a súa paixón en calidade nos nosos viños”. 

O presidente da Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal, Enrique Costas, quixo resaltar a boa saúde da actividade vitivinícola no Baixo Miño e, sobre todo, no Rosal. “É un orgullo ter tantas e tan boas adegas DO no territorio que fan viños únicos, con identidade, que se exportan a todo o mundo pero que soamente poden cultivarse e realizarse aquí”, asegurou.

O Master of wine Pedro Ballesteros no seu pregón nesta XXX edición da Feira do Viño do Rosal quixo lanza unha mensaxe de “profunda admiración polo permanente no Rosal, como é a paisaxe, pero tamén polo que non se ve, por saber conservar a beleza co desenvolvemento das persoas, co compromiso medioambiental e con entusiasmo para preservar o bo que existe aquí mentres se desenvolven novas oportunidades”.

 

O pregón a cargo do Master of wine Pedro Ballesteros, e o concerto de Moon Cresta dan o pistoletazo de saída a unha feira que durante a fin de semana celebrou un programa moi completo que incluíu o Showcooking do Programa “EuroChef” de EuRural, Sesións vermú onde o vermú cedeu o seu protagonismo ao viño do Rosal, amenizados coa música de “Blues do País” e o concerto de “Pandereteiras Tremelique”. A cita máis destacada correu a cargo do Grupo “Broken Peach” que deu un concerto por todo o alto á noitiña do sábado. O domingo pola mañá houbo ocasión de xogar en familia cos “Xogos da empatía” e, para rematar a programación, o dúo Awen pon o broche final a esta edición cun concerto no que coas cancións máis destacadas dos 70, 80 e 90.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí