Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A -felicidade- en Oia

O sábado 18 de maio con motivo da celebración dunha voda, a misa e procesión da Virxe do Carme tivo que ser adiantada pola comisión de festas.

O sábado 18 de maio con motivo da celebración dunha voda, a misa e procesión da Virxe do Carme tivo que ser adiantada pola comisión de festas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Mayo de 2024

Fuente: Xosé A. Rodríguez

Os recentes acontecementos acaecidos na parroquia de Santa María de Oia con motivo das festas patronais poñen de manifesto algo que moitos veciños/as xa sabían, as formas coas que a señora alcaldesa nos deleita cando quere impoñer os “seus intereses”.

O sábado 18 de maio con motivo da celebración dunha voda, a misa e procesión da Virxe do Carme tivo que ser adiantada pola comisión de festas. Aínda non se sabe de quen era a voda, pero pola afluencia de público selecto e sobre todo polo despregue da loxística proporcionada polo concello seica era de alta "alcurnia". Podemos analizar o acontecido por dúas partes: a actitude da alcaldesa e a utilización dos recursos públicos en beneficio de intereses persoais.

Rematada a misa, procesión e actuación da banda, comezou a sesión vermú amenizada coa música de fondo. O que tiña que ser un momento de “felicidade” converteuse nunha película de terror cando a señora alcaldesa se aproximou á cantina esixindo que se quitara a música e pouco menos que botando aos alí presentes, ante a incredulidade algúns optaron por marchar. Esta actitude de "ordeno e mando" non é nova, outras veciñas/os sufrírona nalgún momento. En definitiva, non se podía molestar á alta "alcurnia"; que pare a música da plebe que se casan os patricios.

Aparte do "ordeno e mando" (cuestión de educación), está o de utilizar os espazos públicos para compracer os caprichos de quen quere celebrar unha voda en Oia. Non imaxinamos se un veciño/a deste municipio quixera casar nesta igrexa que a señora alcaldesa actuara do mesmo xeito favorecéndoos, prohibindo aparcar nas inmediacións e espazos públicos da zona e quitando a música e vermú, a non ser que fosen de "alta alcurnia" claro. Ese día quen chegou co seu coche non puido aparcar nun tramo da estrada provincial, e o que é máis grave, o aparcadoiro municipal estaba a disposición dos intereses privados do enlace. Importante lembrar que a intención era que baixaran 6 autobuses do "bodorrio" e que grazas á negativa da comisión isto non sucedeu.

Este proceder por parte de quen nos mal goberna non é novo, é unha maneira de entender e facer política; favorecer aos que teñen cartos prexudicando á veciñanza. Despois imos co sorriso falso querendo agradar aos veciños/as, iso é ter dúas caras, ou moita cara. Pero sobre todo é unha falta de respecto, iso do que tanto se queixa a señora alcaldesa nos plenos cando acusa á oposición ao ser fiscalizada.

Arranxe os problemas de circulación que ten o barrio do Arrabal, aprobe dunha vez un plan que regule o caos que se produce os fin de semana; traballe para as veciñas/os de toda Oia e non para os "amiguiños". Aínda están agardando os interesados polas prazas de taxi que foron aprobadas en pleno. Este é o concello da FELICIDADE segundo para quen se case e os cartos que teña.

Xuster, voceiro municipal do BNG de Oia

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí