Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Festa da Langosta contará coa XXI edición da Travesía a Nado Porto da Guarda

A Guarda celebra os vindeiros días 1, 2 e 3 de xullo a 26ª edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a festa gastronómica máis representativa da vila e da Comarca do Baixo Miño

A Guarda celebra os vindeiros días 1, 2 e 3 de xullo a 26ª edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a festa gastronómica máis representativa da vila e da Comarca do Baixo Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda celebra os vindeiros días 1, 2 e 3 de xullo a 26ª edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a festa gastronómica máis representativa da vila e da Comarca do Baixo Miño, que combinará unha gran variedade de espectáculos musicais, actividades culturais e deportivas.

No ámbito deportivo destaca a celebración da XXI edición da Travesía a nado Porto da Guarda, o día 2 de xullo ás 12 horas. Esta actividade está organizada promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda en colaboración co club de Remo Robaleira; o Club ALAGUA; a Confraría de Pescadores Santa Tecla; e o RíoVerde motores forabordas. Esta Travesía a nado é unha actividade aberta a tódolos públicos, na que poden participar tanto nadadores federados como non federados.

A proba conta cun total de 12 categorías, 6 para homes e 6 para mulleres en función do ano de nacemento. As primeiras catro categorías, que inclúen aos nenos e nenas nados entre 2010-2016 e 2005-2009, realizarán unha Travesía de 400 metros. Para o resto de participantes a distancia a percorrer será de 1200 metros, dende a saída no Porto da Guarda.

Trátase dunha actividade con gran aceptación popular na que a medida que vai cumprindo anos a Travesía tamén o fan os participantes asiduos, ós que se unen novas caras cada edición. O ano pasado acadouse unha participación total de 107 inscritos, 10 nas catro categorías infantís e un total de 97 participantes nas categorías de adultos; unhas cifras que se esperan igualar e, se é posible, superar nesta edición.

Por isto o Concello da Guarda invita a todo o que o desexe a inscribirse, ata o 29 de xuño, e a participar nesta proba deportiva para compartir unha xornada de deporte e gastronomía pola XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, no Porto da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí