Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA, A TÚA CITA GASTRONÓMICA NA GUARDA

Hoxe Venres ás 19:30 comezan as actividades cun concerto na praza do reló e posterior lectura do pregón

Fecha: 06 de Julio de 2013

Fuente: www.aguarda.es - Dpto. Prensa

A cita gastronómica terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo no porto da Guarda e a langosta volverá a ser a protagonista indiscutible da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros e así todos os visitantes poderán coñecer os excelentes produtos do mar e, como non, o bo facer dos restauradores guardeses

Non hai que esquecerse que dende o ano 2007 a Festa da Langosta converteuse na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira adquirindo unha nova dimensión ó ofrecer diferentes pratos mariñeiros e conseguindo achegarse a tódolos gustos do público e revalorizar desta maneira a Festa.

A festa celébrase na explanada do Porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Dende hai varias edicións os comensais poden degustar a langosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Os restaurantes e demais expositores ocupan stands diferenciados na carpa.

Nesta edición seis restaurantes ofrecerán a langosta cocida, á prancha ou en salpicón, que amosan como a langosta continua sendo a protagonista entre máis de 25 produtos e pratos mariñeiros. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, os bastóns do camiñante, etc.

Este ano, a compañía galega de teatro "FULANO, MENGANO E CITANO" foron os escollidos para a lectura do pregón que terá lugar novamente na Praza do Reló a noitiña do venres 5. De xeito, pódese convidar a todos os veciños da Guarda e da comarca e, como non, os visitantes e turistas que nos visitan nos seus días de vacacións.

Trala pregón procederase a apertura da carpa na explanada do Porto e os interesados xa poderán degustar a gastronomía guardesa xunto o grupo teatral "FULANO, MENGANO E CITANO" que ofrecerán unha representación chea de humor.

A programación de actividades muda cada ano e nesta edición tratouse de ofrecer  novidades como a noite do sábado coa actuación do grupo feminino de pop-rock  "THE TETAS VAN" que ofrecerá unha actuación do máis divertido, con versións de cancións moi coñecidas por todos que son reinterpretadas e traducidas ao galego. Para a noite do domingo tentarase sorprender ca actuación do grupo de swing DR. SWINGLOVE, que ofrecerán un amplo repertorio de cancións.

Os nenos contarán con novas actividades: a Festa do Deporte con moitos xogos para enredar durante a tarde do sábado e para o domingo o Festival Musical, un espectáculo de animación infantil onde os nenos, e non tan nenos, poderán bailar ó son da música máis actual. Ademais o domingo haberá unha espectáculo especial co artista galego, ROI O CAGABOLAS, que ofrecerá unha actuación chea de malabares e moito humor que sorprenderá a nenos e maiores. A festa contará novamente ca Feira de Artesanía na rúa do Porto.

 

A Guarda, Concello de Interese Turístico

A Guarda, Destino EDEN

 

RESALTAR:

-Venres 5: Lectura do pregón na Praza do Reló a cargo de "FULANO, MENGANO E CITANO" e apertura da carpa na porto.

-Seis restaurantes ofrecerán a langosta e máis de 25 produtos e pratos mariñeiros.

-Unha confeitería ofrecería variados doces para a sobremesa, sendo, o produto destacado o roscón de xema.

-Unha adega ofertará viño albariño coa denominación de orixe Rías Baixas.

-Sábado e domingo feira de artesanía na rúa do Porto.

-Protagonismo do humor na programación deste ano.

 

PROGRAMA:  XXIII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

 

VENRES 5 DE XULLO

Na Praza do Reló:   

19:30  Actuación de música cubana co grupo "QUINTETO SON REAL"

21:00 Intervención do Alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas

21:15 Lectura do Pregón a cargo do grupo teatral "FULANO, MENGANO E CITANO".

No porto:

22:00 Apertura da carpa da XXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

22:30 Representación teatral co grupo "FULANO, MENGANO E CITANO"

23:30 Karaoke Disco-Show A Guarda

 

SÁBADO 6 DE XULLO                                            NO PORTO DA GUARDA

Pola mañá:

            10:00 Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas OS PETÓNS

            12:00 Apertura da carpa coa actuación do grupo: OS PETÓNS

Pola tarde:

            18:00 Festa do Deporte, xogos para nen@s

            21:00 Actuación do grupo de rock feminino: THE TETAS VAN

            23:30 Karaoke Disco-Show A Guarda

 

DOMINGO 7 DE XULLO                                           NO PORTO DA GUARDA

Pola mañá:

            10:00 Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas OS PETÓNS

            11:00 Apertura da carpa coa actuación do grupo: OS PETÓNS

Pola tarde:

            18:00 Festival Musical para nen@s

            19:30 Espectáculo de malabares e humor do artista galego: ROI, O                                   CAGABOLAS

            20:30 Actuación do grupo de swing: Dr. SWINGLOVE.

 

DURANTE O FIN DE SEMANA a Festa gastronómica contará como en anos anteriores coa recoñecida Feira de Artesanía na rúa do Porto.

 

Máis info: OFICINA DE TURISMO MUNICIPAL

TEL 986 614 546 - turismo@aguarda.es

Segue as novidades: Facebook TURISMO A GUARDA

 

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:

Restaurante Area Grande

Restaurante Casa Olga

Restaurante O Cangrexal

Restaurante Trasmallo

Restaurante Xantar

Restaurante Xeito

Confitería Estévez

Adegas Valtea

 

LISTA DE PREZOS:


 

  • LANGOSTA - 35 €
  • ½ LANGOSTA - 18 €
  • SALPICÓN DE LANGOSTA - 25 €
  • PERCEBE - 10 €
  • BERBERECHOS - 10 €
  • BROCHETA DE RAPE E LANGOSTINOS - 5 €
  • CALAMARES - 5 €
  • CAMARÓNS - 10 €
  • CHIPIRÓNS - 5 €
  • CHOCOS - 5 €
  • CROQUETAS DE LANGOSTA - 5 €
  • CROQUETAS VARIADAS - 5 €
  • DELICIAS DE MARISCO - 5
  • EMPANADA ZAMBURIÑAS - 4 €
  • EMPANADAS VARIADAS - 3,50 €
  • EMPANADILLA - 1 €
  • ENSALADA DE SALMÓN - 6 €
  • ENSALADILLA DO MAR - 5 €
  • PIRULETA DE LANGOSTINOS - 8 €
  • MEXILLÓNS - 5 €
  • NAVALLAS - 8 €
  • NÉCORA - 4 €
  • PAELLA MARIÑEIRA - 6 €
  • PEMENTOS DE PADRÓN - 4 €
  • PESCADITO FRITO - 5 €
  • POLBO Á FEIRA - 10 €
  • SALPICÓN DE MARISCO - 10 €
  • TORTILLA DE GAMBAS - 4 €
  • VIEIRA - 3,50 €
  • ZAMBURIÑAS - 10 €
  • ZORZA - 6 €

POSTRE

  • Roscón de xema - 15 €
  • Ración roscón con chupito - 2 €
  • Tarta de Santiago - 7 €
  • Ración de tarta de Santiago - 2 €
  • Serpentinas de xema - 5 €
  • Bastóns do camiñante - 4 €
  • Filloas recheas - 2,50 €

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones