Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Galiña Azul do Rosal, lista para o comezo do novo curso este venres 4

Concello e profesorado traballaron man a man para mellorar e adaptar as instalacións ás necesidades provocadas pola COVID-19

Concello e profesorado traballaron man a man para mellorar e adaptar as instalacións ás necesidades provocadas pola COVID-19

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Septiembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A Galiña Azul do Rosal comezará este venres 4 o novo curso coas súas instalacións adaptadas ás novas necesidades provocadas pola COVID-19. Concello e dirección do centro están a traballar man a man para iniciar o curso escolar da forma máis normalizada posible, garantindo a saúde de nenos e nenas e trasladando aos pais e nais unha mensaxe de tranquilidade.

Ao longo do verán, leváronse a cabo diferentes traballos de mellora nesta escola infantil enfocados a paliar a situación provocada polo coronavirus e axeitar as instalacións ás medidas de prevención establecidas para evitar contaxios. Así, dotouse ao centro de vallas de tipo New Jersey, un material orixinariamente ideado para a separación de espazos nas obras que resulta o máis axeitado para separar aos grupos de nenos e nenas de distintas idades, xa que os cativos e cativas non poden tiralas nin mancarse con elas. Ademais, ao ser móbiles permite cambiar facilmente a disposición de espazos en caso de necesitalo.

Xunto con estas vallas, tamén se delimitou o areeiro da Galiña Azul cun valado de madeira que permita controlar ao grupo burbulla que está no seu interior e evitar que se mesturen con outro. Tamén se está traballando no cambio do fregadeiro por un máis grande que facilite o traballo de lavado e desinfección de xoguetes, na colocación de dispensadores de papel e xabón nos baños e na instalación dunha mampara de ducha ou dun timbre inalámbrico que permita a entrada a persoas alleas ao centro por portas diferentes a das do alumnado.

Ademais destas melloras, o Concello realizou nestes meses outras tarefas de mantemento, como o tratamento das baldosas do comedor cun produto antideslizante, a a limpeza das cristaleiras exteriores ou a posta a punto do céspede e do areeiro.

Dende o Concello quere poñerse en valor a implicación e o traballo realizado por todo o persoal desta escola infantil para establecer todos os protocolos de seguridade necesarios para garantir a saúde do alumnado e para que o arranque do curso transcorra coa maior normalidade. Tamén quérese agradecer o labor dos operarios municipais que traballaron nas diversas tarefas de acondicionamento do centro.

Antes do remate do curso a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, mantivo unha reunión co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do que dependen todas as escolas Galiña Azul, para tratar entre outros asuntos a dotación de material para os centros. Deste xeito, o Consorcio colaborará tamén coa compra de mesas abatibles e das taquillas que precisa o persoal da escola.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí