Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda acada o recoñecemento no Certame Vilas en Flor

O Concello da Guarda obtivo 3 Flores nesta edición na que participaron un total de 39 municipios galegos.

O Concello da Guarda obtivo 3 Flores nesta edición na que participaron un total de 39 municipios galegos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda participou un ano mas no Certame Vilas en Flor celebrado o pasado venres día 2 de decembro nunha gala que tivo lugar no Auditorio Municipal de Caldas de Reis. Este ano participaron 39 concellos de toda Galicia e en función da súa traxectoria e as accións levadas a cabo para poñer en valor os seus espazos verdes, a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna, acadaron diferentes distincións, sendo o Concello da Guarda agraciado con tres flores de honra.

 

O acto estivo precedido por unha xornada técnica cun relatorio que abordou aspectos sobre a mala praxe na xestión do arborado urbano en pobos e vilas de Galicia, impartida por Francisco Rodríguez Trinidad. Posteriormente, procedeuse á lectura da acta do xurado e á a entrega das Flores de Honra, á que asistiron o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; a conselleira de Medio Ambiente, María Ángeles Vázquez Mejuto; o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, e o director do Movemento Vilas en Flor e director da Escola Galega da Paisaxe, Pedro Calaza. Tamén asistirán representantes das entidades organizadoras e patrocinadoras, como o presidente de AGAEXAR, Víctor Pérez Vilar, e o presidente de ASVINOR, Ignacio Etxebarria. Participou en representación do Concello da Guarda a Tenente de alcalde e Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes e a técnica de Medio Ambiente municipal, Tamara Otero.

"Vilas en Flor" é unha iniciativa que comezou a súa andadura no ano 2018, co obxectivo de apoiar a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, impulsada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR). Este movemento segue o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá. O proxecto conta co patrocinio de Rain Bird, Husqvarna e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Aos cinco concellos participantes da primeira edición viñéronse sumando numerosas localidades ao longo das diferentes entregas. Actualmente, os 39 concellos participantes pertencen ás catro provincias, con Allariz, O Carballiño, Leiro, A Pobra de Trives e San Xoán de Río na provincia de Ourense; Caldas de Reis, A Guarda, Baiona, Cambados, Cuntis, Gondomar, Lalín, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Mondariz, Vilagarcía de Arousa e A Estrada na provincia de Pontevedra; Ortigueira, Culleredo, Fene, Narón, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Oza-Cesuras, Miño, Abegondo, Arteixo, Coristanco, Carballo, As Somozas,  Curtis e A Laracha na provincia da Coruña e Chantada, Mondoñedo e Sarria na provincia de Lugo. O xurado, formado por expertos multidisciplinarias, realizou un exhaustivo estudo con visitas técnicas a cada un destes concellos, co fin de analizar os criterios que puntúan neste certame.

“Vilas en flor” é un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. Deste xeito, os concellos son recoñecidos pola súa contribución ao desenvolvemento local a través da paisaxe, xerando actividade do propio sector da planta ornamental e da xardinería, así como un aumento de visitas turísticas. De feito, existen rutas específicas para os concellos que participan neste tipo de programas, construíndo unha marca de calidade local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí