Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda acolle este sábado o V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica

Unha proba deportiva que terá lugar o sábado 22 de agosto a partires das 11:00h no Porto da Guarda.

Unha proba deportiva que terá lugar o sábado 22 de agosto a partires das 11:00h no Porto da Guarda.

Fecha: 22 de Agosto de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O martes día 18 de agosto de 2020 a Casa dos Alonso foi o escenario elixido para acoller a Presentación do V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que terá lugar o sábado 22 de agosto a partires das 11:00h no Porto da Guarda.

Neste acto de presentación estiveron presentes Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes; José Fernández Prado, Presidente da Federación Galega de Motonáutica; Carlos Estévez Gómez, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica e Marcos Casaleiro Pousadela, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica e deportista participante no campionato.

José Fernández Prado, Presidente da Federación Galega de Motonáutica, quixo agradecer o apoio do Concello da Guarda para a realización desta proba deportiva, amosando a boa disposición e colaboración prestada sempre coa Federación.

Carlos Estévez Gómez, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica, explicou que debido á pandemia da Covid-19 a participación vai ser un pouco inferior con respecto a de anos anteriores, agardando chegar aos 10 equipos, cun protocolo especial con uso de mascaras obrigatorio por parte dos participantes e a desinfección da embarcación entre cada exercicio. Carlos explicou que o funcionamento desta proba consiste en facer un percorrido entre boias, recollendo ao inicio unha pelota e facendo o percorrido nun tempo previamente marcado, existen bonificacións e penalizacións que ao final das probas van a outorgar as puntuacións de cada parella ou equipo participante. A proba terá inicio ás 11:00h da mañá no Porto da Guarda e a iso das 14:00h realizarase a entrega de premios, trofeos elaborados pola Asociación Avelaíña.

Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, agarda que o tempo acompañe aos participantes este vindeiro sábado e que deste xeito podan gozar do entorno, da natureza e do mar.

Marcos Casaleiro Pousadela, Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica e deportista participante no campionato aproveitou a súa intervención para realizar un convite a toda a xente que o desexe a iniciarse no mundo da motonáutica, destacando que é unha experiencia moi boa, unha proba deportiva integradora que axuda ás persoas a achegarse ao mundo do mar e da navegación a motor.

Pechou este acto de presentación Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda, quen explicou que nesta época difícil que nos toca vivir, onde é complicado realizar probas deportivas, o Concello da Guarda estará sempre coa inclusión e co deporte, convidando tamén a toda a xente que o desexe a que empregue a gamela a vela adaptada "A Roncadeira", para sentir o pracer da navegación, que se poña en contacto co Clube Alagua, que xestiona dita embarcación. Rematou o edil co optimismo de facer este tipo de eventos deportivos, para continuar coas actividades anuais, moitas das cales se tiveron que suspender pola Covid-19.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones