Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda acolle este venres a I Romaría Castrexa no Monte Sta. Trega

O evento terá lugar ao carón do antigo campo de futbol de Chans no Monte Sta. Trega

O evento terá lugar ao carón do antigo campo de futbol de Chans no Monte Sta. Trega

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Junio de 2016

Fuente: Infomiño.com

A Guarda acolle este venres a I Romaría Castrexa, que comezará ás 10:00h da mañá cunha Ruta Cabalar que sairá dende As Eiras-O Rosal, e na que poden participar sen necesidade de inscripcións todas aquelas persoas que así o desexen. Os xinetes percorrerán parte do sendeiro de pescadores no Rosal para continuar ata A Guarda, onde subirán ó cumio do Monte Sta. Trega para finalizar nun xantar ó mediodía na zona de Chans(E preciso inscribirse previamente para o xantar).

Ás 11:00h terá lugar na zona de Chans a apertura dunha mostra de artesanía con productos do campo e outros, así coma a actuación de varios grupos musicais coma Do Lusco o Fusco, Clube da Terceira Idade de A Guarda, A Boalleira ou a Charanga Os Zanfonos.

Antes do xantar, sobre as 12:30h do mediodía terá lugar no antigo campo de Chans o acto de lectura do pregón, que correrá a cargo da escritora Marga Rosende.

Entre a oferta gastronómica, realizaráse un xantar ó aire libre convidando a todos os veciños e visitantes da Guarda a que participen, tamén se disporá dunha gran carpa onde se poderán degustar pratos tradicionais coma pulpo á feira, carne ó caldeiro, churrasco ou xamón cortado polo maestro xamoneiro Francisco e contando en todo momento con amenización musical.

Ás 17:00h da tarde realizaránse cucañas para @s nen@s no antigo campod e Chans.

O atardecer os grupos musicais baixarán do monte rematando esta primeira edición.

As comunidades de montes manifestaron o seu interese en que esta Romaría serva de incentivo para mellorar a interrelación entre as mesmas e coa vila guardesa, convidando a todos a pasar unha xornada de lecer e esparcemento no Monte de Sta. Trega.

 

A Guarda prepárase para acoller este venres a I Romaría Castrexa

 

 

A Guarda prepárase para acoller este venres a I Romaría Castrexa

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí