Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda avanza no seu plan de acción polo clima e a enerxía sostible

O Concello da Guarda celebrou esta semana unha sesión de traballo para a elaboración do informe de seguimento do PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible).

O Concello da Guarda celebrou esta semana unha sesión de traballo para a elaboración do informe de seguimento do PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible).

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Octubre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda celebrou esta semana unha sesión de traballo para a elaboración do informe de seguimento do PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible).

 

Entre os principais obxectivos do PACES está o de reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030, minimizar o consumo enerxético no municipio, incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables, elaborar un Inventario de Emisións de Referencia (IER) e aumentar a capacidade de resiliencia mediante a adaptación ao cambio climático.

 

Nesta sesión de traballo explicáronse os avances realizados polo Concello da Guarda dende o ano 2014 para a redución das emisións contaminantes á atmosfera, analizando en detalle cales son as principais fontes de emisións, como poden ser os edificios e equipamentos municipais, edificios residenciais, alumeado público, frota municipal, transporte público, transporte privado e comercial, xestión de residuos ou xestión de augas residuais.

 

Deste xeito o maior consumo enerxético na Guarda dáse nos edificios residenciais e no transporte privado e comercial, rexistrándose un descenso no consumo entre o ano 2014 e 2022 de 2119 MWh no caso de edificios residenciais e de 1551 MWh no caso do transporte privado e comercial. Tamén no caso de emisións de CO2 verificouse un descenso de 1528t CO2 no caso de edificios residenciais e de 1794t CO2 no caso do transporte privado e comercial.

 

A nivel municipal o consumo enerxético céntrase nos edificios e equipamento/instalacións

Municipais cun 65%, no Alumeado público cun 26% e na Frota de vehículos municipais cun 9%. Neste senso rexistrouse un descenso do consumo entre o 2014 e o 2022 dun 592MWh en edificios e equipamento/instalacións Municipais, 371MWh no alumeado público e de 33MWh na frota de vehículos municipais.

 

O obxectivo final do PACES é a redución dun 40% das emisións de CO2 con 9390t CO2, acadando arestora unha redución dun 14,64% das emisións de CO2 con 3438t CO2.

 

O Concello da Guarda continúa co compromiso e a aposta decidida contra o cambio climático mediante o seguimento do PACES en toda a política municipal, sendo un obxectivo que se ten en conta como prioritario á hora da realización de novos proxectos, obras, infraestruturas, entre outras accións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí