Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda-Caminha, unha comunicación necesaria

Anxo Baz, Portavoz Municipal do BNG

Anxo Baz, Portavoz Municipal do BNG

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Febrero de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O “ferry” que une A Guarda con Caminha fai anos que quedou obsoleto.  O motivo  principal é que se trata dunha embarcación anticuada  que precisa dun calado para navegar  que o rio non ten, a non ser que se fagan dragados permanentes  cun alto custo ambiental e económico que serían ademais de  dubidosa legalidade. As constantes avarías e un pantalán de atraque absolutamente abandonado por parte de portos da Xunta de Galiza  contribuíron tamén nos últimos anos  a facer inservíbel este medio de transporte.

 

Non vou entrar a remover no pasado, nin nos acordos e desacordos  entre as Administracións que  no seu momento puxeron en marcha esta infraestrutura e a mantiveron no tempo. Chámanos a atención, iso si, que o Concello da Guarda teña a obriga  de pagarlle a portos da  Xunta de Galiza un canon  polo número de vehículos e persoas que utilizan o “ferry” .  Resulta indignante  que unha administración que non é capaz nin de manter en bo estado o pantalán de atraque desta beira do rio, cobre unha  peaxe a todas luces inxusta e discriminatoria para o Concello da Guarda e polo tanto para a súa veciñanza.

 

Recuperar dun xeito eficaz a comunicación con Caminha resulta fundamental  para nós e coido que para Portugal. Precisamos dun compromiso serio entre o  goberno do Estado Español, o goberno  Portugués e a Xunta de Galiza para dotarnos dun transporte sostíbel  para as dúas beiras do Miño.

 

 Ao meu entender non se trata dunha grande infraestrutura.  Sabemos do respecto co que hai que actuar nesta zona  polo alto valor ecolóxico do Esteiro do Miño, por certo  un  dos grandes atractivos  da Guarda, que temos a obriga de conservar. Hai  modelos  polo mundo adiante que poderían ser aplicables aquí. Diso non me toca falar a min. Hai persoal técnico moi cualificado para indicarnos o camiño.

 

 Entre tod@s, urxe poñernos  mans á obra. O BNG vai presentar  no Parlamento Galego e no Congreso do Estado así como no Pleno do Concello da Guarda iniciativas para poñer en marcha unha comunicación eficaz e sostíbel con Caminha.  Por nós non vai quedar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí