Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA, CAPITAL DA LANGOSTA, CELEBRA A SÚA FESTA

Neste ano foron un total de 6 restaurantes posicionados na carpa os que ofertaron langosta e máis de 25 pratos da cociña mariñeira.

Fecha: 10 de Julio de 2013

Fuente: www.aguarda.es

A Guarda celebrou os días 5, 6 e 7 de xullo a Festa da Langosta e da cociña mariñeira. Milleiros de persoas poideron gozar da gastronomía da nosa vila, xunto con numerosas actuacións e a popula feira de artesanía. As altas temperaturas castigaron á festa comparado con edicións pasadas, pero segue sendo una feira de prestixio nacional, que atrae a numerosos visitantes de moi dispar procedencia.
O venres ás 21.00 horas o alcalde da Guarda, D. José Manuel Domíguez Freitas, dende o balcón da praza do reló, quiso agradecer ós milleiros de persoas o asistir ó evento. Destacou  que este ano a ceremonia de presentación tivo lugar en Braga, sendo moi importantes os lazos que temos có país veciño. Por outra parte, mostrou énfase na nova distinción de “Sendeiro Azul” en recoñecemento á senda da costa que une as praias de Area Grande e do Muíño cunha extensión de 5,6 km. Por último, mencionou ás Festas do Monte, que este ano celebráse o seu centenario, e  salientou o valor das feiras de tradicións mariñeiras. “Nestes tempos que estamos a vivir manter unha festa gastronómica non é unha tarefa fácil, pero sí necesaria”.
 
 Image
 Image
 
 
Tralo seu discurso, foi o grupo de teatro Fulano, Mengano e Citano o encargado da lectura do pregón que deu apertura á carpa da XXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na explanada do Porto baixo. Podemos destacar en toda a súa actuación un toque humorístico, facendo pasar un momento moi pracenteiro a todos os veciños e veciñas da Guarda  e agradecendo a todos os restauradores deste ano que permitiron ós visitantes degustar de máis de 25 pratos distintos.
Unha espléndida actuación que tocou temas moi próximos a todos os galegos: leiras, gastronomía e, como non podía ser doutra maneira, o marisco.  Un pouco de maxia e moitas risas no recinto cando compararon as centolas con arañas peludas, os percebes con uñas negras e as langostas con saltamontes xigantes. Un pedazo da nosa historia para celebrar todos xuntos a vixésimo terceira edición da Festa da Langosta e da cociña mariñeira.
 
 
 
Neste ano foron un total de 6 restaurantes posicionados na carpa os que ofertaron langosta e máis de 25 pratos da cociña mariñeira. Ademáis, houbo un posto de Turismo e información, un de cafetería e outro basado en postres típicos da nosa vila (o máis importante é o roscón de xema, sobremesa creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, os bastóns do camiñante, etc.).

Image
 Image
 
 
 
 Image
Restaurante Xantar

“ Cada ano vaise mellorando e organízase mellor.  Bos produtos, servizos e instalacións”.
“A crise é un problema, xa que a langosta non é para todos os bolsillos. Pero nesta festa inténtase que sexa para todos a todos a prezos moi razoables” (Isa Urgal).
 

Image
Restaurante o Cangrexal

“Nesta edición nótase un pouco menos de xente debido a vaga de calor. A pesar diso, innovouse moito. É unha gran festa que axuda a iniciar o verán na nosa vila”.
“A pesar de ser a Festa da Langosta  o que máis vendemos é paella” (Flor María Rosario).
 

Image
Restaurante Casa Olga

“É un bo proxecto, pero a crise está presente en todo momento” (Martina González).
“As filloas e os pementos de padrón teñen moito éxito”( Jesús Álvarez).
 


Image
Restaurante Xeito
“Notamos menos afluencia debido ás altas temperaturas, pero a langosta sí que se vende inda que sexa un artículo de luxo” (Patricia Vicente).
“O domingo estivo máis animado que o sábado. Rexistramos máis ventas na langosta e nas empanadillas, cun número total de ventas próximo ó 1000”.
Hai que mantela para ó pobo. Víveo a xente en xeral  e é a nosa imaxe: “A Guarda, capital da Langosta”.


 Image
Restaurante Trasmallo
“A feira evolucionou. Cada vez hai máis variedade de produtos e de mellor calidade” (Lucía Lomba).


 
Image
Adegas Valtea
“ A xente aproveita a última hora para acudir á festa, debido ó calor” (Lara Vicente).

Image
Restaurante Area Grande
“Este ano hai moita innovación nos produtos, como no caso do berberecho e a zamburiña”.  (Agustín Franco).
 

Image
Confitería Estévez
“Levamos asistindo desde a primeira edición e o faremos ata o seu fin” (Laura Álvare).
“É unha opción moi boa  para o pobo, como promoción do turismo e os nosos produtos (Silvia Conde).
 

Image
 
ACTUACIÓNS

O grupo de Gaitas Os Petóns, percorreron as rúas animando a todos os veciños coa música tradicional galega. Ademáis, leváronse a cabo numerosas actuacións musicais como  “Quinteto son real”. Un formidábel concerto de músicos procedentes de Cuba, que fixeron seguir o ritmo ós veciños ó son da súa melodía. Cambiando totalmente de rexistro, na noite do sábado, “The Tetas Van”, ofreceu diferentes versións de grupos moi coñecidos no panorama do rock internacional e na última noite, o grupo “Swinglove” puxo o broche final cun amplo repertorio de cancións.  Ó remate de cada actuación, no mesmo escenario, había un karaoke para que todos os asistentes participaran. Nun primeiro intre, parecía que a xente non se animaba pero trala iniciativa dalgún valente que saíu o escenario, foi todo un éxito.
 
 
Image
Os nenos sempre son protagonistas nestas festas e tiveron, como non podería ser doutra maneira, o seu espazo. Xogos adaptados ás diferentes idades,  un festival musical no que puideron bailar e cantar coñecidas melodías e  “Roi o cagabolas”, unha actuación con malabares, chea de humor e ledicia.
Un ano máis, levouse a cabo a feira de artesanía na rúa do Porto, na que numerosos artesáns mostraron as súas xoias feitas a man.
 Image
 
Image
 
Image
 
Image
 
Image
 
Image

A Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, destacou que “os tres días da festa gastronómica estiveron marcados polo colorido da música e as actuacións. A pesar das altas temperaturas, a calidade  e a ampla oferta de produtos permitiu que todo se fixera con normalidade e seguira o seu fluxo natural”.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones