Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda celebra esta semana a diversidade e o Orgullo por terceiro ano consecutivo

A parte central das actividades terá lugar entre o 30 de xuño e o 1 de xullo

A parte central das actividades terá lugar entre o 30 de xuño e o 1 de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Junio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • A concellería de Igualdade, o CIM da Guarda e Transformando Realidades organizan do 28 de xuño ao 1 de xullo o evento “A Guarda Diversa”, unha ocasión especial para celebrar o Orgullo e continuar dando visibilidade ao colectivo LGTBIQ+.

As actividades de “A Guarda Diversa 2022” arrancaron xa na xornada deste martes día 28 coa colocación da bandeira do colectivo e coa publicación na web municipal e nas redes sociais do vídeo co Manifesto a cargo do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, onde indicou que “A Guarda é afortunadamente un municipio diverso, moderno e inclusivo. Por iso desde o Concello sentímonos moi orgullosos por poder poñer o noso pequeno gran de area para seguir apoiando, dando visibilidade e sobre todo loitando pola diversidade, porque a diversidade é unha ferramenta de futuro, un motor de cambio e evolución”.

A Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, quere resaltar que “nesta terceira edición de A Guarda Diversa celebraremos o respecto, a tolerancia e a empatía como formas de convivencia, e o amor en calquera das súas formas. O equipo de goberno seguirá traballando para desmontar estereotipos e evitar calquera tipo de acoso ou agresión por cuestións de orientación sexual ou identidade de xénero na nosa vila”.

A Guarda Diversa Volve A Celebrar O Orgullo Por Terceiro Ano Consecutivo (2)

A parte central das actividades terá lugar entre o 30 de xuño e o 1 de xullo, e terán inicio xa este vindeiro xoves día 30 ás 19:00h na Praza do Reló coa Mesa Redonda “A nosa Memoria tamén é diversa”. As persoas que participarán nesta mesa serán Eva Mejuto, escritora e activista LGTB, Daniela Ferrández, activista Trans, e Marcos López, comisario do proxecto “Memoria diversa” da Deputación da Coruña.

 

Durante a mesma departirán sobre a memoria das persoas Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans, temas que ata o momento quedaran fora dos estudos memorialísticos galegos. Destacan, neste ámbito, as investigacións de Daniela Ferrandez e o libro de entrevistas a maiores LGBT “Memoria Diversas” de Eva Mejuto, que centrarán a conversa moderada por Marcos López.

Continuando a programación, tamén na xornada deste xoves día 30 de xuño ás 21:00h, terá lugar na Praza do Reló o Espectáculo “Noite de Cabaret”, a cargo da Compañía teatral “Marinita y sus maromas”.

Neste espectáculo o elenco travístese e xoga cos xestos, a interpretación, a maquillaxe, a roupa e o xénero. Reivindicando e apoderando a palabra travesti mediante os seus espectáculos teatrais, en formato de comedia musical. Números de baile, canto, transformismo, clown. Empregan a arte escénica para reflexionar sobre o xénero, xogando coas características que o definen. Normalizando os corpos e as formas de amar disidentes. Utilizan tamén o humor para caricaturizar a nosa sociedade e visibilizar o absurdo e ridículo das normas e modelos de conduta cos que convivimos.

Xa para pechar a programación de “A Guarda Diversa 2022”, na xornada do venres día 1 de xullo, ás 12:00h terá lugar no Castelo de Santa Cruz un contacontos e un obradoiro titulado “Os Bolechas: Somos como as cores do Arco da Vella”, a cargo da Asociación Nós mesmas e dedicada a público infantil de entre 3 e 8 anos.

Para asistir ás actividades non é necesaria inscrición previa e a entrada é de balde, ata completar aforo. Rógase a asistencia 10 minutos antes do inicio de cada acto.

Máis información no CIM da Guarda, no teléfono 986 61 4648, na web municipal www.aguarda.es ou no correo electrónico muller@aguarda.es.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí